Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS NARONESES PODERÁN REALIZAR O CAMBIO DE DOMICILIO NOS PERMISOS DE CIRCULACIÓN E CONDUCIÓN NO CONCELLO
O trámite poderá realizarse a partires do mes de outubro, sen necesidade de desprazarse ata A Coruña.
Narón, 13 de Setembro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o xefe provincial de Tráfico de A Coruña, Pedro José Pasor del Castillo, asinaron hoxe un protocolo de adhesión por parte do Concello de Narón ó convenio suscrito entre a Xefatura Central de Tráfico e a Federación Española de Municipios de Provincias (FEMP) para o intercambio de información e a mutua colaboración administrativa, asinado en Madrid o 15 de marzo de 2006. Coa adhesión a este convenio, os veciños empadroados en Narón poderán realizar dende as oficinas da Policía Local (ubicadas no Concello) o trámite de cambio de domicilio no permiso ou licenza de condución así como o cambio de domicilio no permiso de circulación dos vehículos dos que sexan titulares, sen ter que desprazarse á Xefatura Provincial de Tráfico de A Coruña. O novo acordo materializarase a partires do día 1 de outubro, e permitirá ó Concello mellorar os servizos que se prestan ós cidadáns. Para realizar o cambio de domicilio no permiso ou licenza de condución, tan só deberase cubrir un formulario de solicitude de cambio de domicilio. No caso do cambio de domicilio no permiso de circulación, deberán presentar dito documento e a tarxeta de características técnicas (ITV), que unha vez comprobados serán devoltos no momento ó interesado. Ademáis, o Alcalde de Narón e o xefe provincial de Tráfico asinaron tamén un convenio bilateral entre a Xefatura Central de Tráfico e o Concello de Narón polo que se formaliza a súa adhesión ao convenio específico de colaboración suscrito entre a Xefatura Central de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en materia de seguridade viaria. En relación con este convenio, foi asinada unha adenda relativa á cesión de vehículos e de equipos medidores (etilómetros, cinemómetros, medidores de potencia e outros) nun futuro. A cesión deste material cando sexa posible permitirá á Policía Local colaborar nas campañas de vixilancia e control da Dirección Xeral de Tráfico. Como se recordará, Narón e Ferrol xa comparten actualmente un radar ou cinemómetro para realizar controles de velocidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal