Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA II CARREIRA SOLIDARIA "DÉCIMAS NARÓN"
Terá lugar o domingo 30 de setembro en A Gándara, con premios e agasallos para os participantes.
Narón, 26 de Setembro de 2012.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa a II Carreira Solidaria “Décimas Narón” organizada pola ONG Lena en colaboración coa tenda deportiva Décimas (situada no centro comercial Alcampo) e o Club de Atletismo Afflelou Narón. O evento deportivo terá lugar o domingo 30 de setembro con saída e meta na praza de A Gándara, e as inscricións poden realizarse ata mañá xoves 27 de setembro ás 20:00 horas. As inscricións realizaranse de forma on-line en calquera das seguintes páxinas: - Categorías menores a través da páxina da Delegación de Atletismo de Ferrol - Categoría absoluta, 3 opcións: 1ª. Mediante inscrición e pago a través da pasarela SEGURA de pago en championchipnorte 2ª. A través do correo electrónico da ONG Lena (onglena@onglena.org) achegando os seguintes datos: DNI con letra, Nome e Apelidos, Sexo, Data de nacemento completa (dd/mm/aaaa), Correo electrónico / Teléfono de contacto e Empresa, club, colectivo ou entidade ao que pertencen. Previamente a inscribirse será preciso realizar o ingreso a través de calquera das seguintes contas: La Caixa: 2100 -1831 – 33 – 0200092185 ou Novagalicia Banco: 2080 0235 91 3040001240, poñendo como ordenante o nome completo do corredor ou corredora e como concepto: Inscrición Carreira Solidaria. 3ª. Presencialmente (inscrición e pago) na tenda Décimas Ferrol en Alcampo. O prezo da inscrición é de 5 euros para a carreira absoluta. As categorías menores non pagan. Establécense as categorías masculina e feminina e, dentro destas, as seguintes: • Biberóns: nad@s en 2008 e 2007 • Pitufos: nad@s nos anos 2006, 2005 • Benxamín: nad@s en 2004 e 2003. • Alevín: nad@s en 2002 e 2001. • Infantil: nad@s en 2000 e 1999. • Cadete: nad@s en 1998 e 1997. • Xuvenil: nad@s en 1996 e 1995. • Junior: nad@s en 1994 e 1993. • Promesa: nad@s en 1992, 1991 e 1990. • Absoluta: nad@s de 1989 ata veteranos. • Veteran@s A: De 40 anos cumpridos no día da proba a 49. • Veteran@s B: De 50 anos cumpridos no día da proba a 59. • Veteran@s C: De 60 anos cumpridos no día da proba en adiante. As distancias e horarios das probas son os seguintes: HORA CATEGORÍA DISTANCIA 10:30 horas Biberóns e Pitufos 100 metros 10:45 horas Benxamín e Alevín 900 metros 11:00 horas Infantil/Cadete 1.800 metros 11:30 horas Absoluta 10.000 metros 13:00 horas Entrega de premios na Praza da Gándara A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, agradeceu á ONG Lena a súa idea de organizar un evento deportivo solidario e tamén ó Club de Atletismo Afflelou e á tenda Décimas a súa implicación no mesmo “xa que o traballo e esforzo de organización é inmenso. Por iso quero facer un chamamento público á cidadanía para que participen nesta carreira, que ademáis ten un fin altruista”, sinalou. O representante da ONG Lena, Juan Pernas, explicou que a recaudación que se obteña con esta carreira irá a parar íntegramente ó proxecto educativo que esta entidade ven desenvolvendo dende fai anos con nenos/as e mozos/as da rexión de LenÇois (Brasil), para que podan ter un futuro. Pola súa banda, o representante do Club de Atletismo Afflelou amosouse “encantado de poder colaborar con esta carreira, e agardamos unha boa afluencia de participantes, e que o tempo nos acompañe”, sinalou Alvaro Valle. Finalmente, en nome da empresa Décimas, Diego Ezquerro calificou esta carreira solidaria coma “unha festa do deporte, á que queremos invitar a todo o barrio de A Gándara, pedíndolle ademáis comprensión ós conductores xa que a partires das 10 da mañá haberá cortes de tráfico”. Ezquerro lembrou tamén que ó finalizar a carreira, haberá sorteos de material deportivo e unha tableta IPAD 3. Contarase coa participación de xuices da Federación Galega de Atletismo. Para máis información, pódese consultar a web http://onglena.wordpress.com/

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal