Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN OFERTA CINCO TIPOS DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA OS CENTROS DE ENSINO PÚBLICOS
O prazo de matricula será do 1 ó 15 de outubro. Consulte aquí a oferta educativa.
Narón, 26 de Setembro de 2012.- A Concellería de Educación de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de presentar ás Asociacións de Nais e Pais (ANPAS) e ós equipos directivos dos centros escolares públicos de Narón a edición 2012 do Programa Municipal de actividades extraescolares (Promedex 3). Trátase dun programa municipal especialmente deseñado para esta época de crise, e orientado a ofrecer ás familias máis castigadas pola situación económica “unha alternativa de calidade e de baixo custe, para que os seus fillos e fallas dispoñan de actividades educativas non formais na xornada extraescolar” asegurou a Concelleira de Educación, Mª del Carmen Espada. O programa tamén está pensado coma un complemento educacional á ampla oferta de actividades deportivas e culturais do Concello de Narón, e para “por a disposición das familias con fillos/as en idade de estudar, recursos de índole educacional dirixidos a tódalas idades e niveis escolares”, apuntou a edil. Así, e destacable o esforzo económico da Concellería de Educación para ofertar estos recursos de apoio á educación, de cara ó fortalecemento dos recursos educativos en horario escolar (coma as actividades que se realizan no parque temático Aldea Nova) e tamén en horario extraescolar. Está prevista a realización de cinco tipos de actividades diferenciadas: 1-Espazo pedagóxico “Reforzatic”. Trátase de actividades de carácter gratuito, que utilizan como soporte metodolóxico as novas tecnoloxías, para traballar o reforzo educativo de alumnos con dificultades de aprendizaxe ou de adaptación. Dirixido a alumnos de Primaria, seleccionados polo departamento de Orientación de cada colexio, funcionarán en 8 grupos de 12 alumnos máximo (2 ó 3 días á semana, cun total de 12 sesións e 20 horas mensuais máximo). Estarán impoartidas por mestres, educadoras e pedagogos/as. 2-Laboratorio das Lenguas ou Idiomas. Dirixida á educación Primaria, funcionarán 5 grupos de 12 a 15 nenos/as, e estará impartido por filólogos/as. Servirá para fomentar o traballo interlingüistico, especialmente do Inglés e do galego, pero tamén do castelán, francés e alemán. 3-Actívate. Esta actividade está pensada para promover a actividade física a través do xogo cooperativo, dos esforzos físicos sinxelos adaptados a cada individuo, e do senderismo. Tamén se lles adestrará en medidas de autoprotección e seguridade, e constriuirán ou axudarán a conservar o mobiliario urbano. 4-Escola de familias. Dirixida a nais, pais, avós, avoas, titores e fillas/os, pretende educar en ambientes lúdico-educativos, xogo de roles, debates, merendas, obradoiros de cociña e tertulias. Serve para aprender esa disciplina que non se imparte nos centros educativos: ser pai ou nai. Funcionarán 5 grupos de 15 a 20 prazas, e estará dirixida por pedagogas/os, e educadores. 5-Exprésate. Este obradoiro experimental vai dirixido a adolescentes de ESO, Bacharelato e FP. Por medio dun taller de graffiti e outro de música-voice, emúlanse as formas de estar na rúa dos adolescentes. Está dirixido por un xoven grafiteiro e un experto en música coral de adolescentes, funcionarán 2 grupos de 15 prazas cada un. O período para inscribirse nestas actividades será do 1 ó 15 de outubro, data esta última na que comenzarán. Poderanse inscribir despois dese período se houbera prazas vacantes.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal