O ALCALDE DE NARÓN E O PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN BRIANTE ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN
Servirá para desenvolver actividades de orientación laboral, e accións de apoio ao pequeno comercio.
Narón, 17 de Outubro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Asociación de Economía Social Briante, Manuel Rivera Iglesias, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades de orientación laboral, e apoio ao pequeno comercio.
O acordo estará vixente durante este ano 2012, e suporá unha achega de 2.000 por parte do Concello a esta entidade. A cambio, Briante comprométese á realización de actividades de apoio e promoción de emprendedores de Narón especialmente autónomos- e á inserción de colectivos desfavorecidos e proxectos cooperativos.
A Asociación de Economía Social Briante tamén participará nos programas de apoio ao pequeño comercio, e no desenvolvemento de programas de microemprendemento con xóvenes no eido da cultura.