ARRANCA O PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
Sortearanse 4 Cestas de Nadal, e 4 vales de compra por importe total de 1.600 entre os compradores dos comercios participantes.
Narón, 30 de Novembro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, e a presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón, Olga Ameneiro, presentaron hoxe en rolda de prensa a campaña Comercio de Narón, en Nadal e sempre.
Trátase dunha serie de accións para dinamizar o comercio local durante estas navidades, promovidas pola administración local en colaboración con esta asociación, e a empresa Eventi.
Poden participar nesta campaña tódolos comercios do municipio, que deberán inscribirse na páxina web www.comerciodenaron.es. Tanto a inscrición coma a participación na mesma son gratuitas. Repartiranse máis de 2.200 en premios en metálico, 30.000 papeletas para participar nos sorteos de agasallos e 5.000 bolsas entre os comercios adheridos. Ata o de agora xa hai 77 establecementos que forman parte desta campaña.
O programa de actividades é o seguinte:
DO 1 Ó 30 DE DECEMBRO:
Reparto de papeletas nos comercios de Narón para participar nos sorteos.
DO 17 Ó 28 DE DECEMBRO:
O Apalpador repartirá caramelos entre os nenos polas rúas de Narón.
DIA 21 DE DECEMBRO:
Gala do comercio de Narón, de 21 a 22 horas, no Auditorio da Praza de Galicia. Presentada por Pichi Varela, con entrada gratuita. Sortearanse 4 cestas de Nadal e vales agasallo da Asociación de Comerciantes de Narón.
DO 25 Ó 30 DE DECEMBRO:
Festa infantil da Asociación de Comerciantes, na Praza de Galicia, de 16:30 a 20:30 horas.
DO 26 Ó 29 DE DECEMBRO e DO 2 Ó 4 DE XANEIRO:
Tren navideño da Asociación de Comerciantes de Narón, en horario de 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas.
29 DE DECEMBRO:
Ás 18:00 horas na Praza de Galicia, sorteo dos vales de compra da Campaña.