ENTREGA DE PREMIOS DO I CONCURSO DE CARTEIS CONMEMORATIVOS DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Narón, 30 de Novembro de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron hoxe os premios correspondentes ó I Concurso de Carteis conmemorativos do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
O fallo do xurado foi o seguinte:
1º premio: Non deixes que marquen a túa vida de Laura Fernández Fernández (A Coruña). Premio: 300 .
2º premio: Non es o seu xoguete de Maria Isabel Herrero Díaz (Narón). Accesit de 150 .
3º premio: Estreliña de Isabel Nuñez Montero (non puido asistir á entrega, e enviaráselle por correo). Accesit de 150 .
O cartel gañador do primeiro premio estase a utilizar xa como cartel anunciador das actividades programadas con motivo do 25-N.
O xurado do I Concurso de Carteis estivo composto pola Concelleira de Igualdade (presidenta), catro representantes da Comisión de Asuntos Sociais e Igualdade, dous representantes do mundo das artes plásticas, e un técnico do Servizo Sociocomunitario (con voz pero sen voto). Á hora de elixir ós premiados, tiveron en conta o impacto social positivo, a calidade artística e a orixinalidade dos traballos.
A Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, destacou a importancia de que a xente se implique neste tipo de iniciativas expresando o que pensa sobre este tema, e rexeitando toda clase de violencia de xénero.
Nos mesmos termos referíuse o Alcalde de Narón, quen engadiu que Narón dende sempre estivo e está moi implicado na loita contra a violencia de xénero, pero precísase maís colaboración entre institucións para erradicar entre todos este mal da nosa sociedade, declarou José Manuel Blanco.