Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CURSOS DE FORMACIÓN EN LINGUA GALEGA
Estiveron organizados polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello.
Narón, luns 3 de Decembro de 2012.- A Concelleira de Educación de Narón, Mª del Carmen Espada, entregou hoxe os diplomas correspondentes a dous cursos do programa de Formación en Lingua Galega, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón. Finalizaron con éxito ambos cursos un total de 29 persoas, das que 8 acudiron hoxe a recoller os seus diplomas, mentres que o resto non puido facelo por ocupacións laborais. Os cursos desenvolvidos foron os seguintes: -Lingua galega de calidade (do 5 ó 16 de novembro, con 30 horas de duración, e 15 alumnos) -A linguaxe administrativa (do 19 ó 30 de novembro, con 30 horas de duración, e 14 alumnos) En ambos casos, os cursos realizáronse no local da Asociación de Veciños de A Gándara. O obxectivo dos seminarios foi o de mellorar a competencia lingüística e comunicativa da cidadanía. A Concelleira de Educación de Narón anunciou que dende o Concello “imos seguir apostando pola promoción da lingua galega, e polo tanto seguiremos organizando novos cursos”, indicou Mª del Carmen Espada. No curso “Lingua galega de calidade” traballáronse contidos como o cambio na normativa realizado no ano 2003, os aspectos máis problemáticos á hora de empregar con corrección a lingua galega pola interferencia lingüística do castelán, a morfosintaxe e léxico da lingua galega, etc… O obxectivo do curso sobre “A linguaxe administrativa” foi o de dar a coñecer o estilo e as características da linguaxe administrativa, así como traballar a redacción de documentación.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal