Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SIMULACRO DE EVACUACIÓN NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE A GÁNDARA
Co obxectivo de poñer en práctica o Plan de Autoprotección.
Narón, 7 de Febreiro de 2013.- O Pavillón Polideportivo de A Gándara acolleu esta mañá un simulacro de evacuación, no que se puido comprobar a coordinación das Forzas Locais de Seguridade e do voluntariado (Policía Local, Emerxencias Narón, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, e Cruz Vermella) en situacións de emerxencia. Este simulacro servíu para incluir as últimas adecuacións de seguridade nas instalacións deportivas, culminando así o proceso de implantación do Plan de Autoprotección neste edificio municipal. Posteriormente, procederase á súa aprobación definitiva. Os Plans de Autoprotección foron redactados e postos en práctica polo servizo de Emerxencias Narón, en base ás obrigas normativas en materia de protección civil. Estas accións e medidas están encamiñadas a previr e controlar os riscos sobre as persoas e os bens, e a dar as respostas axeitadas ás posibles situacións de emerxencia. Narón está a dotar de Plans de Autoprotección a tódolos edificios públicos e eventos afectados pola normativa , pero tamén a aqueles que, aínda sen concurrir obriga legal, alberguen público que precise dunha especial protección ou actividades de certa perigosidade. No simulacro de evacuación realizado hoxe no Pavillón de A Gándara puxéronse en práctica os procedementos de actuación e coordinación establecidos no Plan, avaliando así a viabilidade e eficacia dos mesmos, e comprobando o grao de coñecemento e integración de tódolos implicados. Ademáis dos axentes citados, asistíu o Concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo. O acto en cuestión consistíu na provocación dun lume intencionado nunha das oficinas do pavillón, tras o cal interviron os Bombeiros, Emerxencias Narón e Policía Local. Ademáis, a consecuencia do fume, resultou intoxicada –de xeito ficticio- unha persoa, que foi sacada do recinto en camilla e evacuada nunha ambulancia da Cruz Vermella.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal