Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONSTITUÍDA A XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE DE NARÓN
Está integrada por forzas e corpos de seguridade do Estado, administracións públicas e grupos políticos municipais.
Narón, 7 de Febreiro de 2013.- O Concello de Narón acolleu hoxe a primeira reunión da Xunta Local de Seguridade, presidida polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e co-presidida polo subdelegado do Goberno en Galicia, Jorge Atán. Na xuntanza tamén participaron representantes dos Corpos e Forzas de seguridade do Estado e da corporación Municipal de Narón. (Ver listado ó final da nota de prensa) Esta Xunta Local de Seguridade quedou formalmente constituída no día de hoxe, adaptándose así á normativa establecida no Real Decreto de 2010, no que se establecen a composición e as funcións deste organismo. No transcurso da reunión, analizouse a problemática da violencia de xénero, sobre a cal o subdelegado do goberno indicou que “se debe avanzar na firma dun protocolo de seguridade entre o Concello de Narón e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado”, de cara a mellorar a coordinación. Ademáis, analizáronse os datos sobre seguridade cidadá, ó respecto dos cales Jorge Atán indicou que “o índice de criminalidade mantense en parámetros normais” sendo a tasa de criminalidade dun 28 por mil na zona de Narón, cando no resto de España é de case un 50 por mil. A este respecto, o Alcalde de Narón declarou que o tema da seguridade cidadá está razonablemente controlado, estando o índice de roubos e outros delitos menores por debaixo da media. “Salvo casos moi puntuais, a situación en Narón non é problemática, ó contrario, os datos son positivos” indicou José Manuel Blanco. A xuntanza de hoxe tamén servíu para que se comenzase a avanzar no establecemento dos límites entre a zona do Concello de Narón e a zona da Dirección Xeral de Tráfico, a efectos de seguridade vial. Está previsto que no prazo de 6 meses a Xunta Local de Seguridade volva a reunírse, momento no cal se presentará a delimitación exacta e se someterá a aprobación. O Alcalde de Narón tamén quixo elevar un recoñecemento público da Alcaldía ó Xuíz-Decano de Ferrol, Alejandro Morán Llordén,destacando a súa labor desenvolvida nestos anos e manifestar o agradecemento de Narón “pola súa permanente adicación e a súa encomiable actuación en materia de seguridade cidadá e na persecución das conductas delictivas, especialmente no que atinxe ao tráfico de estupefacientes, no noso termo municipal”, apuntou o Alcalde. Relación de membros da Xunta Local de Seguridade: -José Manuel Blanco Suárez (Alcalde de Narón) -Jorge Atán Castro (Subdelegado do Goberno en A Coruña) -Eva Vázquez Castelo (Vicesecretaria da Subdelegación do Goberno) -Antonio Nieto Lamas (Representante autonómico –Inspector Xefe da Unidade do Corpo Nacional da Policía adscrito á Xunta-) -Angel Casanova Martínez (Comisario da Comisaría de Policía Local de Ferrol-Narón) -Guillermo Sánchez Fojo (Concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón) -Miguel de Santiago Boullón (Concelleiro do PP) -Pablo Villamar Díaz (Concelleiro do BNG) -Eduardo Pita García (Xefe da Policía Local de Narón) -Francisco Javier López Dopico (Alférez Xefe do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ferrol) -Jose Luis Balseiro Vigo (Comisario Provincial da Policía Nacional) -Catalina García Blanco (Concelleira do PSOE) -Mª José Rodríguez Porto (Concelleira do Grupo Mixto) -Alfonso de Prado Fernández-Canteli (Secretario Xeral do Concello de Narón)

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal