O CONCELLO CONTINÚA DESENVOLVENDO NO VERÁN O PROGRAMA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PROMEDEX
Inclúe un Obradoiro de reforzo das matemáticas e a lingua no CEIP de A Gándara, e talleres de Expresión gráfica a través do graffiti nos IES, ademáis dunha Escola de Pais e Nais.
O CLUB DE ATLETISMO AFFLELOU RECIBE O RECOÑECEMENTO DO CONCELLO DE NARÓN
O Alcalde ofreceulle unha recepción institucional por ter acadado o ascenso á 1ª División Nacional Masculina.
O CONCELLO DESENVOLVE TRES CURSOS PARA DESEMPREGADOS NO CENTRO DE FORMACIÓN DE A GÁNDARA
Son os de Atención a persoas no domicilio, Soldador de estructuras metálicas, e Instalador electricista de edificios. En total ofrécese formación a 45 persoas.
PRIMEIRAS REUNIÓNS DA CONCELLEIRA DE ACCIÓN SOCIAL CON ENTIDADES
A delegada da área, Catalina García, manterá encontros con tódalas asociacións que teñen convenio de colaboración co Concello de Narón, para coñecer as súas necesidades.
O XIII OENACH ATLÁNTICO SE CELEBRARÁ DO 29 Ó 31 DE XULLO EN SEDES
Agárdase a presenza de 15.000 visitantes durante ese fin de semana, para contemplar a recreación da vida nunha aldea rural de antaño.
RECEPCION INSTITUCIONAL ÓS GRUPOS PARTICIPANTES NO FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL
O Pazo da Cultura acolle este evento, o sábado 16 a partires das 21:00 horas.
SINATURA DE TRES CONVENIOS CON ENTIDADES SOCIAIS E VECIÑAIS
Os destinatarios son o Centro de Promoción Social San Xosé Obreiro, e as asociacións de veciños Chafarís e Virxe de Fátima.