Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN PARA DEMANDAR Á XUNTA A CONSTRUCCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE DE NARÓN
O domingo 17 de febreiro ás 12:00 horas na Praza de Galicia.
Narón, 8 de Febreiro de 2013.- O goberno municipal de Narón presentou hoxe en rolda de prensa a concentración en demanda da construcción do novo Centro de Saúde, que terá lugar o domingo 17 de febreiro ás 12:00 horas na Praza de Galicia (fronte ao actual consultorio médico) . Na rolda de prensa participaron os representantes dos grupos políticos do goberno local (Guillermo Sánchez Fojo –TEGA-, Catalina García –BNG- e Pablo Villamar –BNG- agás a representante de Converxencia Galega, que atopábase na asamblea do Eixo Atlántico en A Coruña). Estiveron acompañados por responsables dos sindicatos CCOO, UGT, CIG e USTG, que apoian esta convocatoria. Segundo lembrou o concelleiro de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, a promesa da construcción dun novo centro de saúde en Narón remóntase ó ano 2008 cando se firmou un protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Narón. Este convenio establecía que a administración galega ocuparíase da construcción, equipamento e mantemento do centro de saúde e o Concello debería aportar os terreos necesarios para o seu asentamento. Co cambio de goberno na Xunta de Galicia mantívose esa promesa, asegurando o actual goberno do PP que en 2012 se redactaría o proxecto e en 2013 se iniciarían as obras. O Concello de Narón cumpríu a súa parte, facendo as expropiacións de terreos necesarias (en Freixeiro) e mercándoos, para poñelos posteriormente a disposición da Xunta de Galicia xa o ano pasado. Ó non haber obtido resposta por parte da administración autonómica, dende o Concello de Narón solicitouse en setembro de 2012 unha xuntanza cos responsables da Consellería de Sanidade para coñecer os plans da Xunta de Galicia neste asunto. Pero a realidade é que teñen transcurrido xa 5 meses “e a calada foi a súa resposta, coma é habitual”, sinalou Sánchez Fojo. O Concelleiro de TEGA agradeceu o apoio sindical que ten suscitado esta convocatoria por parte das catro centrais sindicais, presentes na rolda de prensa de hoxe. A Concelleira do PSOE tamén fixo un chamamento público a tódalas entidades de Narón “para que se movilicen e acudan a esta concentración”, sinalou Catalina García, Concelleira de Participación Cidadá. García tamén destacou que o actual Centro de Saúde foi construído para unha poboación de 15.000 habitantes, e que na actualidade case se triplica, ó estar Narón a piques de acadar os 40.000 veciños/as. Pola súa banda, o Concelleiro do BNG Pablo Villamar, censurou a maneira de actuar “caciquil do PP ó non atender a tódolos veciños por igual. O PP non está a castigar ó goberno municipal de Narón senón a tódolos naroneses e naronesas, e mesmo a aqueles que os votaron”, sinalou. Villamar encontrou “especialmente grave que o portavoz do PP en Narón teña a profesión de médico e non apoie esta demanda, e máis cando teñen defendido a construción do novo Centro de Saúde”. A este respecto, Guillermo Sánchez Fojo indicou que o portavoz do PP, Miguel de Santiago, foi convidado a participar no día de onte nesta rolda de prensa, sen ter comunicada ningunha resposta pola súa parte ata este momento. Ademáis, o Concelleiro de TEGA e Tenente de Alcalde (o rexedor, José Manuel Blanco, atopábase hoxe na reunión do Eixo Atlántico) lembrou que os populares teñen votado en contra dunha moción presentada no Pleno Ordinario do 31/01/2013 sobre a demanda de inversións da Xunta en Narón, dentro dos Orzamentos de 2013. Nese documento solicitábase a construcción do novo Centro de Saúde de Narón. En representación dos sindicatos, Lois Méndez indicou que “aínda estase a tempo para que a Xunta de Galicia modifique os seus Orzamentos e inclúa no capítulo de Sanidade unha partida específica para financiar este Centro de Saúde”. Ademáis, Méndez engadíu que “o que está a acontecer en Narón é un feito máis da discriminación que está a realizar a Xunta de Galicia na área sanitaria de Ferrolterra”. Tamén Catalina García lembrou que “os Orzamentos da Xunta de Galicia para Narón traen cero euros”. Lois Méndez recalcou a necesidade de invertir en atención primaria, para unha correcta atención á poboación e para desconxestionar os hospitais. “O novo Centro de Saúde é imprescindible para este municipio, ó mesmo que a dotación de persoal e de medios técnicos para o seu correcto funcionamento”. O portavoz sindical concluíu facendo un chamamento público á cidadanía non só de Narón senón tamén de Ferrolterra “para que a través dun grito unánime, pidamos a construcción do novo Centro de Saúde XA”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal