Inclúense no POS 2012, e tiveron que ser aprazadas a causa das intensas chuvias dos últimos meses.
Narón, 20 de Abril de 2013.- A Concellería de Obras Públicas de Narón, dirixida polo edil Angel Castro, continuará a vindeira semana as obras de reparación asfáltica e alumeado incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS) 2012, e que tiveron que ser aprazadas a causa das intensas chuvias rexistradas nos últimos meses.
Así, o POS 2012 conta cun orzamento total de 650.125,42 que se destinará integramente ó mantemento dos viais da zona rural. Ata o de agora, tense actuado nas parroquias de Doso e Pedroso (esta última a piques de finalizar).
A partires da vindeira semana, os traballos realizaranse de xeito progresivo nas seguintes parroquias:
SEDES:
Asperón a Santa Mariña
Igrexa a Gándara
Feira a Lagoela
Villallonte a Canosa
Salgueiral (autovía)
Orzamento total: 204.076
SAN XIAO:
Ferrerías a S. Clemente
Berruga
Orzamento total: 22.066,36
CASTRO:
Senda a A Chousa
Penedo ó CPI O Feal
A Fraguiña ó Feal
Orzamento total: 55.871,87
O VAL:
Vilacornelle a Riazo
Carballedas a Lobeiro
Predeira a Pradedo
Vilacornelle a Sinde
Redondo a Modia
Orzamento total: 111.469,77
O COUTO:
Fonte de Neixa
O Picho
Rio Miño
Luis Amado
Orzamento total: 46.791,06
SAN MATEO:
Vacariza e Barcia
Orzamento total: 13.437,69
Asímesmo, está prevista a instalación de alumeado en O Val e San Mateo, por importe de 36.416,66 .
Ademáis, o Concello ten en proceso de contratación as obras correspondentes ó POS 2013, dotado cun orzamento de 595.867 (dos que máis da metade se destinará á realización de obras novas, e o resto a mantemento viario).
A elección das obras que se inclúen no POS faise logo de escoitar ás propostas elaboradas polas asociacións de veciños de cada parroquia, tal e como lembrou o Concelleiro de Obras Públicas, Angel Castro.