A 4ª EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO 'XUVIÑO 2013' CELÉBRASE DO 14 Ó 16 DE XUÑO NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Os Concellos de Narón e Neda comenzan as reunións preparatorias
Narón, 25 de Abril de 2013.- A Concelleira de Festas de Narón, Mª del Mar Gómez, reuniuse hoxe no Concello coa Concelleira de Turismo de Neda, Montserrat Rico, de cara á preparación conxunta da 4ª Feira do Viño Xuviño 2013, que se celebrará do 14 ó 16 de xuño no paseo marítimo da ribeira de Xuvia, que discorre entre ambos municipios.
Nesta primeira xuntanza de traballo constatouse o interese dos bodegueiros por participar nunha feira que estase consolidando, a xuizo da elevada participación de público nos tres anos pasados. Así, a día de hoxe xa está confirmada a presenza de máis de 14 bodegas, e a presenza de máis viños brancos nas mesmas (en anos anteriores, os caldos maioritarios eran os tintos). O prazo de inscrición para as bodegas continúa aberto, e os interesados poden informarse no teléfono 630 37 27 71.
A organización intentará superar non só o número de bodegas presentes, senón tamén a oferta gastronómica que complementa a Xuviño. Así, haberá ó igual que o ano pasado- degustación de produtos gastronómicos típicos de ambos municipios: o pemento do Couto e o pan de Neda. Pero tamén se ofrecerán outras viandas, para degustar xunto cos viños.
Ademáis, agárdase incrementar o número de visitantes de fora da bisbarra, para o cal se realizará unha promoción da feira noutras comarcas, de cara a atraer a máis público aínda. Para os máis pequenos, haberá un espazo infantil no que poderán divertirse mentres os maiores visitan a feira.