Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE ENTREGA 26 DIPLOMAS A ALUMNAS DOS CURSOS DE EDUCACIÓN, XESTIÓN PERSOAL E CONFECCIÓN
Foron realizados entre novembro de 2012 e xuño de 2013, en instalacións municipais.
Narón, 5 de Xullo de 2013.- A Concelleira de Igualdade de Narón, Teresa Sabio, entregou hoxe os diplomas ás alumnas que finalizaron con éxito tres cursos promovidos por esta delegación, e que se desenvolveron entre novembro de 2012 e xuño de 2013. A edil escusou a ausencia do Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, quen non puido asistir por atoparse en Madrid asinando no Ministerio do Interior a compra da Casa Cuartel da Garda Civil de Xuvia. En total foron entregados 26 títulos, correspondentes a tres cursos: -Obradoiro encamiñado a acadar a igualdade por medio da educación (orientado a acadar destrezas básicas en lectoescritura e o graduado en Educación Secundaria). 14 diplomas. Curso desenvolvido na Casa da Mocidade de A Gándara. -Obradoiro de organización e xestión persoal (nocións básicas de educación en igualdade, educación para a saúde, educación afectivo-sexual, alfabetización, educación cívica, e visitas guiadas por Narón). 8 diplomas. As alumnas foron divididas en dous grupos, impartíndose o curso simultaneamente na Casa da Mocidade e no CRA de San Mateo. -Obradoiro de destrezas básicas de confección (deseño e patronaxe, técnicas de costura a man e a máquina, técnicas de planchado e acabados, e técnicas de confección de señora e neno/a). 4 diplomas. Desenvolvido no Centro Municipal de Formación de A Gándara.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal