O ALCALDE RECIBE ÓS PARTICIPANTES NO 23º FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL DE NARÓN
Celébrase o sábado 20 de xullo, ás 21:00 horas, no Pazo da Cultura. A entrada é gratuita.
Narón, 19 de Xullo de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ofreceu hoxe unha recepción institucional ós grupos participantes no 23º Festival Folclórico Internacional que se celebra o sábado 20 de xullo ás 21:00 horas no Pazo da Cultura de Narón. Neste acto tamén participaron representantes dos grupos políticos municipais. A entrada para asistir a este espectáculo é gratuita, pero é imprescindible retirar as invitacións nas billeteiras do Pazo.
Acudiron a esta recepción unha parella de cada un dos grupos participantes:
-Conxunto Folclórico de Boezeroenen (Bélxica).
-Grupo de Danza e Canción Tisiskari (Xeorxia).
-Grupo Folclórico Podillya (Ucrania).
-Grupo de Danza Tradicional Alxibeira de Narón.
-Banda de Gaitas do Padroado de Cultura de Narón.
A Agrupación Cultural Semillas del Arte de Puebla de Montalbán (Toledo) non puido asistir xa que nestes momentos está viaxando cara a Narón.
O Alcalde, José Manuel Blanco, deulles a benvida a tódolos participantes e desexoulles que disfrutedes da vosa estancia e do Festival Folclórico Internacional. O rexedor explicou que este evento cultural, que cumpre xa a súa 23ª edición, ten a finalidade de realizar un intercambio cultural entre países, de forma que outros coñezan o que se fai en Narón e que tamén nos coñezamos outras culturas sinalou José Manuel Blanco.