Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN SILENCIOSA E BANDEIRAS A MEDIA ASTA NO CONCELLO DE NARÓN
En lembranza das vítimas do accidente de tren acontecido o 24 de xullo, e solidarizándose cos feridos nesta traxedia.
Narón, 26 de Xullo de 2013.- O Concello de Narón ven de secundar hoxe, seguindo as indicacións da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) unha concentración silenciosa en solidariedade cos feridos e as familias das víctimas do accidente de tren que cubría a ruta Madrid-Santiago, ocurrido o pasado mércores 24 de Xullo preto de Santiago. A concentración silenciosa realizouse ás 12:00 horas frente ó Concello, na Praza de Galicia. O ALcalde de Narón, José Manuel Blanco, e representantes de tódolos partidos políticos municipais, xunto con cidadáns anónimos gardaron cinco minutos de silencio como mostra de respeto e solidariedade cos afectados por esta traxedia, na que perdeu a vida unha veciña de Narón e outras 78 persoas que viaxaban nese tren no momento do sinistro. En Narón, as bandeiras lucen a media asta e con crespones negros, en sinal de loito e secundando así os sete días de loito oficial decretados pola Xunta de Galicia. Os actos oficiais programados polo Concello nestos días quedaron anulados.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es