Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REÚNESE COA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN TERRARRENDIBLE PARA AFONDAR NAS POSIBILIDADES DA EXPLOTACIÓN FORESTAL COMO FONTE DE RIQUEZA E EMPREGO
Constituida neste ano, a asociación aglutina a máis de 50 propietarios de parcelas forestais.
Narón, 5 de Novembro de 2013.- O Concello de Narón acolleu onte unha xuntanza entre a directiva da Asociación Terrarrendible e os concelleiros de Formación Laboral e Emprego (Mª del Mar Gómez) e Promoción Económica (Pablo Villamar). Esta reunión tiña dous obxetivos claros: reforzar e transmitir a vontade do Concello de continuar desenvolvendo o proxecto Monterrendible - que sirve para xerar riqueza e emprego a longo e medio prazo no amplo territorio forestal e de terras baldías da que dispón a Comarca- e traballar na proposta de execución inmediata de tarefas que permiten converter en feitos os proxectos desta asociación. Durante este encontro de traballo, se determinou un programa de accións inmediatas a desenvolver e compromisos de traballo nos seguintes termos: a) O Concello comprometeuse a seguir prestando o asesoramento técnico, para o desenvolvemento das accións da asociación encamiñadas a asesorar á veciñanza propietaria de terreos baldíos ou forestais para o seu mellor aproveitamento económico e medioambiental. Asimesmo, autorizouse o uso de instalacións municipais como Aldea Nova ou Locais Sociais Municipais para as reunións, charlas informativas e outras accións formativas coa finalidade prevista. b) Colaborar na mellora da localización de parcelas nos documentos catastrais con distintas metodoloxías de traballos de campo. c) Aportación por parte do Concello de planimetría e cartografía oficial que faciliten os traballos de localización e situación de fincas, así como outra información urbanística sobre cualificacións de aproveitamentos forestais, agrogandeiros, medioambientais, etc. d) Xestións institucionais para localizar parcelas de titularidade pública (SEPES, Administración de Facenda, etc) existentes en Narón, para solicitar unha cesión de uso coa finalidade de destinalas a campos de mostra para distintas plantacións forestais, frutícolas, apícolas, e micolóxicas. Estos campos de mostra servirían para demostrar a tódalas persoas interesadas a eficacia e os resultados dun aproveitamento eficiente da terra. e) Colaboración do Concello para facer a presentación da asociación diante de alcaldes e concelleiros de municipios limítrofes para fortalecer o traballo da asociación en toda a Comarca. Datos de interese sobre a asociación Terrarrendible: A asociación Terrarrendible xa aglutina a propietarios con cerca de 200 hectáreas de superficie, distribuídas en Narón principalmente, pero tamén en Valdoviño, San Sadurniño, Ferrol, Moeche, Cerdido, Fene, Neda e Pontedeume. Esta agrupación ten iniciado o proceso para empezar a certificar os montes segundo a normativa FSC, o que incrementará o valor dos produtos da madeira con este selo de prestixio internacional. Actualmente, mantén contactos con entidades e asociacións de produtores de madeira, de biomasa, de fruticultura, etc, coa finalidade de enriquecer os coñecementos dos socios, e da veciñanza en xeral, e coa finalidade última de promover riqueza circulante na zona. A Asociación Terrarrendible iniciará na próxima campaña do cereal plantacións experimentais para contrastar a rendabilidade deste cultivo a media escala. Actualmente xa está traballando e tomando contacto con propietarios de parcelas para formalizar pequenas concentracións particulares de fincas coa finalidade de aproveitar os traballos comúns de plantación, desbrozado, sementado de froitas silvestres ou apícolas, etc. O Concello de Narón e a Asociación Terrarrendible editarán antes de rematar o ano un boletín informativo en soporte papel e dixital con información concreta sobre prezos de produtos, servizos colectivos contratados, programas executados, programas a executar e outros datos de interese xeral. Os orixes deste proxecto: No ano 2010 iniciouse unha campaña de sensibilización e información entre propietarios de montes e terras baldías para valorizar os recursos naturais da madeira e outros produtos alternativos. Dous anos despois, en 2012 a Concellería de Formación Laboral e Emprego e a Concellería de Promoción Económica, promoven e cofinancian o proxecto Monterrendible, coa finalidade de constituír coma obxectivo mínimo unha asociación de propietarios de montes e terras baldías para organizar e dinamizar o sector da produción de madeira, fruticultura, apicultura, micoloxía e outros produtos derivados dun axeitado aproveitamento das terras. En xuño de 2013 queda constituída a Asociación Terrarrendible, conseguindo así o primeiro fito deste traballo. Actualmente, esta asociación ten máis de 50 socios e vai camiño de acadar o centenar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal