Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DO NÚMERO 9 DA REVISTA "DAMEUNTOKE" DIRIXIDA Á MOCIDADE DE NARÓN
Repartiranse exemplares nos colexios, institutos e edificios municipais da cidade.
Narón, 6 de Novembro de 2013.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de editar o número 9 da revista da mocidade de Narón “Dameuntoke”. Esta publicación, de carácter cuatrimestral, distribuirase dende hoxe entre os colexios, institutos e edificios públicos de Narón. En total, está previsto o reparto de 893 exemplares desta publicación, nos seguintes lugares: -Colexio Santiago Apostol (3º e 4º de ESO). -Colexio Ayala (3º e 4º de ESO). -Colexio O Feal (3º e 4º de ESO). -Colexio Jorge Juan (3º e 4º de ESO). -IES Terra de Trasancos (3º e 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos de FP). -IES As Telleiras (3º e 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos de FP). -Biblioteca Municipal de O Alto. -Casa da Mocidade. -Pazo da Cultura. CONTIDOS: O número 9 da revista Dameuntoke inclúe unha entrevista coa naronesa Lidia Mesías (a máxima goleadora de 1ª División do Fútbol Sala Feminino) na que fala sobre a súa vida como deportista profesional. Outra das protagonistas desta publicación é Ana Queipo, unha rapaza de Narón que estudia no IES Terra de Trasancos e que ten moitas inquedanzas intelectuais: escribe poesía, guións de curtametraxes, fai teatro, monólogos…. No apartado adicado ás novas tecnoloxías inclúese unha reportaxe sobre como buscar emprego a través da rede social Lindekin, e os diferentes usos que pódense dar a esta ferramenta tecnolóxica. En Dameuntoke tamén se recolle un especial sobre a Biblioteca Municipal do Alto, no que ademáis das habituais recomendacións, pódense descubrir as listas de éxitos deste verán pasado e as últimas incorporacións: os audiolibros. Outro dos temas desta publicación versa sobre as Oficinas de Atención ó Consumidor, e cómo facer valer os nosos dereitos a través destos servizos. Tamén se ofrecen consellos de saúde para aquelas persoas que estén pensando en facer un tatuaxe ou un piercing no seu corpo.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es