Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE NARÓN E A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VIRXE DE FÁTIMA
A entidade veciñal percibirá 5.300 euros para a realización de actividades de participación cidadá.
Narón, 7 de Novembro de 2013.- O Alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e a presidenta da Asociación de Veciños Virxe de Fátima (Piñeiros), Maribel Mouriz, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de participación cidadá. Na sinatura do acordo tamén estivo presente a Concelleira de Participación Cidadá de Narón, Catalina García. O convenio ten unha vixencia anual (de xaneiro a decembro de 2013) e contempla unha achega económica de 5.300 € por parte do Concello. A cambio, esta entidade veciñal comprométese a desenvolver accións sociocomunitarias en materia de participación cidadá. En concreto, a AVV Virxe de Fátima levará a cabo diferentes programas e permitirá actividades organizadas, para tódalas persoas interesadas, dende os diferentes órganos culturais e deportivos de carácter municipal, correndo cos gastos de mantemento do local.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es