Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SÁBADO 23 DE NOVEMBRO: CELEBROUSE O DÍA DE NARÓN NA PRAZA DE GALICIA
Centos de persoas disfrutaron dunha degustación gratuita de filloas, durante todo o día. Ademáis houbo unha festa infantil para nenos/as, actuacións musicais e exposicións de traballos das asociacións de veciños.
Narón, 24 de Novembro de 2013.- O Concello de Narón celebrou no día de onte, a súa festividade local: o 23 de Novembro, Día de Narón. Esta cita cumpríu no 2013 o seu 20º aniversario, xa que foi o 14 de setembro de 1993 cando se decidiu por acordo plenario establecer unha festividade propia para este municipio. As actividades promovidas polo Concello de Narón para celebrar o 23 de Novembro desenvolvéronse baixo carpa, na Praza de Galicia, durante a mañá e a tarde, no seguinte horario: -De 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas: degustación gratuita de filloas. A empresa “Tartas Lestedo” trouxo a Narón por segundo ano consecutivo unha máquina industrial, capaz de cociñar unha media de 1.300 filloas á hora. Servíronse acompañadas de chourizo. -De 11:30 a 13:30 horas: Circuito de Karting para nenos/as. -Ás 12:00 horas: Actuación do grupo de Gaitas do Padroado de Cultura do Concello de Narón. -De 16:30 a 18:00 horas: Festa infantil 'Canta e Baila' a cargo da Ludoteca La Guagua. -Ás 18:30 horas: Actuación do grupo de música folk “Vai rañala”. Ademáis, na carpa houbo un espazo adicado ós traballos e actividades que desenvolven ó longo do ano as asociacións de veciños e ONG's de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal