Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN TEN UNHA DAS TAXAS DE DELINCUENCIA MÁIS BAIXAS DE GALICIA
A Xunta Local de Seguridade de Narón informa da reducción do índice de delitos no 2013 con respecto ó ano anterior.
Narón, 24 de Xaneiro de 2014.- O Concello de Narón acolleu hoxe unha nova convocatoria da Xunta Local de Seguridade, presidida polo Subdelegado do Goberno en A Coruña, Jorge Atán, e o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco. Na reunión participaron tamén a Vicesecretaria da Delegación do Goberno (Eva Vázquez), o Comisario Provincial da Policía Nacional (José Luis Balseiro), o Comisario da Policía Nacional de Ferrol-Narón (Angel Casanova), o Xefe da Policía Local de Narón (Eduardo Pita), o comisario da Policía Autonómica (Antonio Nieto), o Sarxento de Tráfico da Guardia Civil de Ferrol (Cesar Manuel Vázquez) e concelleiros da Corporación Municipal de Narón (Guillermo Sánchez Fojo, Miguel de Santiago, Pablo Villamar, Catalina García, e María Rodríguez Porto). Actuou como secretario Alfonso de Prado, Secretario Xeral do Concello de Narón. Entre os puntos tratados na Xunta Local de Seguridade, destaca o acordo previo entre a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Narón, polo cal se delimitan as zonas e áreas de actuación de ambos corpos en materia de tráfico. A Xunta acordou elevar este acordo á Comisión Autonómica de Seguridade Vial para a súa aprobación definitiva. Nesta Xunta Local de Seguridade tamén deuse conta da redución dos feitos delictivos (entendendo como tales os delictos e as faltas) no ano 2013 con respecto á anualidade anterior. Asimesmo, constatouse que Narón mantén unha das taxas de delincuencia máis baixas de toda a comunidade galega. Tamén se constatou unha mellora na coordinación entre a Policía Nacional e a Policía Local no 2013, algo que influíu na redución dos delictos no pasado ano. Outro tema abordado hoxe foi a importancia da colaboración cidadá para evitar delitos. As forzas e corpos de seguridade presentes nesta reunión valoraron positivamente esta cooperación, a través dos cauces establecidos (contactando coas forzas de seguridade para facilitar información, dúbidas ou sospeitas). Neste senso expresouse o interese dos integrantes dos corpos e forzas de seguridade por seguir ampliando ese contacto directo coa ciudadanía. Por outra banda, informouse sobre a nova normativa de Espectáculos pirotécnicos, que incorpora novos requisitos de seguridade e comunicación previa para este tipo de eventos, e que Narón xa está a aplicar actualmente. Finalmente, con respecto á seguridade cidadá, o representante da Policía Autonómica explicou que este corpo de seguridade está a realizar unha campaña de control do xogo en locais de hostelería, centrada nas máquinas de apostas, para evitar o seu uso por parte de menores de idade. Compleméntase con outra preventiva sobre o consumo de bebidas alcohólicas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal