Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
LICITACIÓN DUNHA PISCINA TERAPÉUTICA PARA O PAVILLÓN DA GÁNDARA
O Boletín oficial da provincia nº 192 do 21 de agosto publica o anuncio de licitación do contrato das obras de construcción dunha piscina recreativa no Pavillón polideportivo municipal de A Gándara.
Tal e como aparecía reflectido nesta páxina web municipal o Concello naronés afronta a construcción dunha piscina recreativa e terapéutica nesa importante instalación deportiva local. O importe desa actuación fíxase nunha cuantía de 195.933,94 euros, debendo presentar os licitadores fianza provisional por importe do 2 % dese tipo de licitación, isto é, 3.918,67 euros. O prazo para presentar ofertas é de vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no BOP, debendo ostentar os ofertantes a clasificación recollida no propio anuncio. Os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexirán a contratación se atopan a disposición dos licitadores no departamento de contratación do Concello de Narón, na 5ª planta da casa consistorial.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal