Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A GALA SOLIDARIA A FAVOR DA ASOCIACIÓN ALBA PÉREZ, DE LOITA CONTRA O CANCRO INFANTIL
Se celebra o sábado 12 de abril, coa participación de artistas de toda Galicia. As entradas xa están á venta nas taquillas do Pazo, ó prezo de 5 euros.
Narón, 3 de Abril de 2014.- O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro sábado 12 de abril a “Gala Solidaria a favor da asociación Alba Pérez, de loita contra o cancro infantil”. O evento está organizado pola delegación galega desta asociación -coordinada pola estilista Mónica Cereijo- en colaboración co Concello de Narón. A Concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, fixo un chamamento hoxe á participación nesta gala, de marcado carácter solidario e cuxa recadación irá destinada integramente á investigación contra esta enfermidade. As entradas están xa á venda nas billeteiras do Pazo da Cultura (prezo: 5€) e agárdase a presenza dos seguintes artistas: -Leo KCH (grupo de Rap) - Martín Varela (Ilusionista) -Fran Nogueira (Monologuista e Presentador) -Bucanero (Dúo Cómico) -La GuaGua (Animación infantil) -Payaso Popín -Susana Seivane -Fusion Dance (Academia de Baile) -Dani Ríos (Cantante) -Víctor Grande (Artista) Ademáis, haberá numerosos sorteos de produtos cedidos polos colaboradores. A “Asociación Alba Pérez de Loita contra o cancro infantil” foi creada en marzo do ano 2012 polos pais de Alba, unha nena á que se lle diagnosticou con 5 meses de idade un agresivo sarcoma de Ewing (cancro infantil) e faleceu tras librar unha longa e durísima loita contra a enfermidade, 5 anos despois. Esta asociación foi creada co único obxectivo de recadar fondos para investigar o cancro infantil e ata hoxe xa ten doado: -56.000 € ó laboratorio de investigación do Hospital San Joan de Deu de Barcelona. -200.000 € a Oscar Martínez, investigador e responsable do departamento de Sarcomas do centro Idibell en Barcelona. Desgraciadamente cada ano se diagnostican 1.200 novos casos coma o de Alba, e segundo a FEDER (Federación Española de Enfermidades Raras) esta enfermidade está clasificada coma rara e polo tanto, practicamente non se destinan fondos públicos para investigala. Por ese motivo, a Asociación Alba Pérez segue loitando para recadar fondos e financiar novas liñas de investigación que permitan encontrar unha cura. O pai de Alba Pérez ten confirmada a súa presenza na Gala do Pazo da Cultura, o vindeiro sábado 12 de abril. Para entrevistalo, podedes contactar coa organizadora: Mónica Cereijo (teléfono 667 62 66 95). Pódese colaborar económicamente coa asociación, a través de varias formas: -Conta corriente: 2100-0638-66-0200191250 (La Caixa) -Donativos de cuantía libre, a través de tarxeta de crédito: http://www.migranodearena.org/asociacionalba3 -Donativos de 1 € ó mes, a través de conta corriente ou tarxeta de crédito: https://www.teaming.net/sialbalucha-yolucho Para máis información sobre a Asociación, pódese consultar a web oficial: http://www.asociacionalbaperez.org

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal