Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O IES AS TELLEIRAS COLLE O TESTIGO PARA ORGANIZAR A 26ª EDICIÓN DO CERTAME INTERCENTROS DE LINGUA GALEGA
O evento cumpríu as súas vodas de prata constatando unha participación aproximada de 2.000 escolares de Narón.
Narón, 16 de Maio de 2014.- O IES As Telleiras organizará o vindeiro ano a 26ª edición do Certame Intercentros do Concello de Narón, cuxa 25ª edición clausurouse hoxe cunha gala celebrada no Auditorio Municipal da Praza de Galicia. A organización neste ano 2014 correu a cargo do CEIP Ponte de Xuvia. A participación aproximada de alumnado neste certame rondou os 2.000 escolares de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos, dos centros públicos de Narón. Entregáronse os premios correspondentes a dez categorías: -Murais. -Conto e conto ilustrado. -Poesía. -Narrativa. -Cómic. -Teatro escrito. -Audiovisual. -Reportaxe xornalística. -Expresión oral. -Canción en galego. Logo da entrega de galardóns, o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco tomou a palabra para agradecer ós participantes o seu esforzo e entusiasmo á hora de fomentar o uso da lingua galega. O rexedor lembrou que este certame “ten como finalidade a celebración do Día das Letras Galegas, exaltando a nosa lingua, fomentando a súa normalización e dinamización, e amosando a nosa cultura e a nosa realidade”. Nesta 25ª edición, o Alcalde de Narón quixo realizar un recoñecemento público a dous persoas relacionadas co ámbito educativo de Narón, que teñen participado dende a primeira edición do Certame Intercentros (no ano 1989) ata hoxe: Braulio Rodríguez Zas (naquel momento director do CEIP A Gándara e actual profesor do IES Terra de Trasancos) e Juan Arribas Rodríguez (tamén antigo mestre do CEIP A Gándara, e actual secretario do CEIP Ponte de Xuvia).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal