A empresa de transportes fai unha aportación económica de 300 euros para combustible.
Narón, 19 de Maio de 2014.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, ofreceu hoxe unha rolda de prensa para informar da colaboración que ven de ofrecer o Grupo A Capela co Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón, xestionado polas ONGs Cáritas e Dignidad.
Nesta ocasión trátase dun donativo de 300 realizado pola empresa de transportes Grupo A Capela, e que servirá para pagar o combustible dos desprazamentos relacionados co reparto de alimentos e enseres do Centro de Recursos Solidarios. É un granito de area importantísimo, e oxalá tódalas portas nas que chamamos nos ofrecesen a mesma axuda porque necesitamos máis aportacións declarou Catalina García, quen explicou que esta achega se repartirá en cheques de 30 que serán empregados por Cáritas e Dignidad no reparto da axuda social.
O director-xerente do Grupo A Capela, Elías Paz, declarouse satisfeito por poder colaborar co CRS, asegurando ó respecto que nos pareceu interesante devolver a través desta forma o que a sociedade nos aporta a nos. Dende a ONG Dignidad, María Quintía agradeceu o donativo porque necesitamos esta colaboración para levar os alimentos ata os puntos de distribución sinalou ó respecto. Tamén a portavoz de Cáritas, Mª Pilar Rodríguez indicou que é un granito, pero moitos granitos fan un graneiro.
Na actualidade, o Centro de Recursos Solidarios atende aproximadamente a 1.400 familias de Narón e doutros puntos da comarca. A axuda se distribúe dende a nave central, en Freixeiro, ata as parroquias (a través de Cáritas) e o local de Dignidad, en Ferrol.