Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA DE GALICIA ACOLLE ESTE SÁBADO A 15ª EDICIÓN DOS XOGOS SOLIDARIOS DA ONG LENA
Ó mesmo tempo, recolleranse alimentos a beneficio do Centro de Recursos Solidarios de Narón.
Narón, 21 de Maio de 2014.- A Praza de Galicia acollerá o sábado 24 de maio, a partires das 16:30 horas, a 15ª edición dos Xogos Solidarios da ONG Lena, en colaboración co Concello de Narón. Haberá xogos para tódalas idades: brilé, pano, chapa, corda, zancos, aros, carreiras de sacos, tiro de corda, baloncesto 3x3, futbolín, e xogos infantís. Tamén se desenvolverá un Obradoiro de Construción de Xoguetes. Contarase ademáis coa colaboración da Escola ‘Sobre Rodas’ de Patinaxe. As inscricións para participar nos xogos efectuaranse ata as 18:00 horas dese día. Ao finalizar a xornada, entorno ás 19:00 horas, os nenos/as participantes recibirán un agasallo. Así mesmo, e dada a precaria situación económica que están a sufrir moitas persoas, realizarase unha recollida de alimentos non perecedoiros a favor do Centro de Recursos Solidarios de Narón.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es