Haberá representacións de Loitas Medievais e unha Escola de Pequenos Cabaleiros, entre outras actividades.
Narón, 10 de Xullo de 2014.- A Concelleira de Festas e Ocio, Mª del Mar Gómez, e o representante da empresa Los Templarios, Diego Gil, presentaron hoxe o II Mercado Medieval de Narón, que se celebrará no paseo do Parque fluvial de Freixeiro do 11 ó 13 de xullo.
Trátase dunha iniciativa lúdica e de ocio dirixida a tódalas idades, pero en especial ós máis pequenos da casa. O Mercado está ambientado na época dos guerreiros medievais, que se pasearán ó longo de toda a feira para amosar cómo era a vida na Idade Media. Para iso, catro cabaleiros templarios levarán a cabo unha Escola de pequenos cabaleiros (tódolos días ás 13 e 20 horas) na que amosarán ós nenos/as como loitaban nesa época, e as armas que empregaban (mazos, arcos, látigos, espadas, hachas
)
No Mercado Medieval tamén haberá:
-Postos de artesanía (con postos adicados á bisutería feita con pel, artigos a base de cera, e incluso confección textil de traxes)
-Alimentación artesanal
-Recanto medieval
-Carrusel para nenos/as
Ademáis, realizaranse Representacións da época medieval, con combates entre guerreiros (unha pola mañá, e outras tres na tarde). A apertura do mercado será o venres ás 18 horas, e durante o sábado e o domingo o horario deste Mercado Medieval será de 11:00 a 14:30 horas e de 18:00 a 23:00 horas, podéndose prorrogar no caso de bo tempo.
A Concelleira de Festas, Mª del Mar Gómez, fixo un chamamento á asistencia de público esta feira. Animamos á xente a que participe, sobre todo ós nenos, que van a disfrutar moito recreando as experiencias de antano, indicou a edil.