Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE ENTREGA OS DIPLOMAS DO CURSO DE CONFECCIÓN E DO OBRADOIRO DE IGUALDADE DIRIXIDO A PERSOAL MUNICIPAL
No primeiro curso participaron 19 mulleres, que aprenderon as técnicas de confección textil, de cara á súa incorporación ó mercado laboral.
Narón, 16 de Xullo de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron hoxe os diplomas do Obradoiro Municipal de Confección, no que participaron 19 mulleres do municipio. Este curso desenvolveuse no Centro Municipal de Formación, de novembro de 2013 a xuño de 2014, cos seguintes obxectivos: -Contribuir a unha mellora na integración sociolaboral de mulleres en risco social. -Dotar dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da actividade textil de modo que adquiran novas capacidades para satisfacer as necesidades do mercado, tanto de particulares coma de empresas. -Capacitar ás alumnas nunha profesión con acceso ao mercado de traballo, para despois asistilas no seu proceso de busca de emprego e facer contacto con empresas do sector. Ó longo deste curso, as alumnas aprenderon a realizar arranxos e composturas de toda clase de prendas, incluso uniformes, disfraces e traxes típicos. Asimesmo, o Alcalde entregou hoxe os diplomas do Obradoiro de Igualdade para Persoal Municipal, no que participaron 3 homes e 9 mulleres. Este taller forma parte do II Plan de Igualdade, e tivo como obxectivos a formación de profesionais nesta materia, a sensibilización en materia de igualdade, e a introdución da perspectiva de xénero na actividade profesional deste alumnado.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal