Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN TERRARENDIBLE PROMOVEN CHARLAS INFORMATIVAS EN A GÁNDARA E O COUTO
A asociación agroforestal aglutina xa a 60 propietarios de terreos forestais de Narón e comarca.
Narón, 17 de Outubro de 2014.- O Concello de Narón e a Asociación agroforestal TerraRendible están a promover dúas charlas informativas sobre a xestión integral de terras e montes. As reunións celebraranse nas seguintes datas e lugares: -Martes 21 de outubro (ás 19:15 h): Local Social Municipal de A Gándara. -Luns 27 de outubro (ás 19:15 h): Local Social Municipal de O Couto. Para máis información, pódese chamar ós teléfonos 687 709 226 ou 630 502 215, ou ben contactar por correo electrónico co enderezo terrarendible@gmail.com A Asociación TerraRendible está formada por cerca de 60 propietarios de terreos forestais situados en Narón e comarca. O Concello mantén con esta entidade un convenio de colaboración para a ordenación e planificación forestal, mediante xornadas de información e orientación en temas forestais e agrogandeiros. A través deste acordo tamén estase a fomentar o aproveitamento sustentable de montes e terras baldías, e a xestión de masas común para usos forestais ou agrogandeiros. O Concello e a Asociación TerraRendible tamén cooperan na localización cartográfica de zonas e fincas susceptibles de utilizar de xeito sostible, mellorando para elo a información planimétrica existente.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal