Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DOS PRIMEIROS PREMIOS DA CAMPAÑA 'COMERCIO DE NARÓN: EN NADAL E SEMPRE'
Son 4 carros da compra valorados en 100€ cada un e 1 cesta de nadal, sorteados nos establecementos participantes.
Narón, 15 de Decembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, e a presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón (ACN), Olga Ameneiro, entregaron hoxe os catro primeiros carros da compra e a primeira cesta de nadal, incluidos na campaña “Comercio de Narón: en Nadal e sempre”. A relación de clientes premiados é a seguinte: Carros da compra -Celsa Romero (sorteado en Kensington Sport). -Teresa Díaz (Peluquería Ana y Hermi) -Jose Luís Martínez (Froitas Améndoa) -María Enríquez (Monique Priveé) Cesta de nadal -Salvador Corral (Librería DAY) A campaña promocional do comercio de Narón iniciouse o pasado 1 de decembro e se estenderá ata o día 8 de xaneiro de 2015. Máis dun centenar de establecementos comerciais e de hostalería están adscritos a esta iniciativa, a través da cal repártense papeletas entre os clientes, para participar nos sorteos. Nesta campaña tamén se sortearán 2 vales de compra de 500€ e 2 vales de compra de 300€ cada un, a gastar en alomenos 3 dos establecementos participantes na campaña. Ademáis se sortearán outros 13 carros da compra (valorados en 100€ cada un) e 3 cestas de Nadal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal