Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE E A CONCELLEIRA DE IGUALDADE ENTREGAN 35 DIPLOMAS DE CURSOS DE COCIÑA E DE BRICOLAXE, DIRIXIDOS A HOMES E MULLERES RESPECTIVAMENTE
Narón, 19 de Decembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron hoxe os diplomas de dous cursos dirixidos a homes e a mulleres respectivamente, nos que se ensinaron tarefas domésticas habituais. Trátase do Curso de Cociña para Homes (do que se entregaron 19 diplomas) e do Curso de Corresponsabilidade para mulleres (16 diplomas). Os participantes no Obradoiro de Cociña Saudable aprenderon a elaborar receitas saudables e sinxelas, a manipular alimentos e útiles de cociña, limpeza doméstica, organización da compra, técnicas e preparación de alimentos, e o menú diario. Os obradoiros foron realizados no Centro Municipal Manuela Pérez Sequeiros e no Centro Municipal das Casas da Mariña, cunha duración de 25 horas cada un. As mulleres participantes no Obradoiro de Corresponsabilidade coñeceron as habilidades básicas para a realización de pequenas reparacións domésticas de bricolaxe. Desta forma, aprenderon principios básicos de fontanería, electricidade e carpintería, divididos en seis xornadas, levadas a cabo no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal