Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO FINALIZA CON ÉXITO O CURSO DE AEROGRAFÍA NO QUE SE FORMARON PROFESIONALMENTE 10 PERSOAS
Esta técnica de pintura novedosa pode empregarse en diferentes campos dende a publicidade ata a automoción.
Narón, 22 de Decembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral, Mª del Mar Gómez, reuníronse hoxe co alumnado do Curso de Aerografía no Centro Municipal de Maiores das Casas da Mariña, onde teñen realizado un mural como parte deste obradoiro. Este curso forma parte do programa municipal de emprego ‘Habilita II 2014’ A acción formativa de Aerografía realizouse en dúas fases: unha parte inicial e básica de 60 horas de formación (do 13 de outubro ó 7 de novembro) e outra de nivel avanzado de 100 horas de duración (do 17 de novembro ó 22 de decembro) na “Escola Obrador de Artes e Oficios AVATAR”. Este curso naceu coma un proxecto innovador, que ofrece a posibilidade de emprender a moi baixo custe (tan só precísase un aerógrafo e pintura) e que ten posibilidades reais de emprego posto que é moi complexo encontrar profesionais no mercado e a demanda destes servizos está en crecemento. Un total de 10 alumnos/as (3 mulleres e 7 homes) de diferentes idades foron seleccionados de entre as 42 solicitudes presentadas para a realización deste curso, para o cal foi preciso que superasen unha proba. Os elexidos conformaron un grupo con habilidades artísticas diferenciadas, sendo algúns deles persoas moi creativas, outros hábiles no debuxo, e outros destacan no manexo dos cores e das sombras. O aspecto máis interesante deste curso é que se trata dunha ensinanza novedosa, cuxas posibilidades de integración laboral son diversas: dende o deseño de carteis e publicidade, ata o modelismo e a maquetación, a reparación de coches e motos, a decoración de paredes etc… Algúns dos traballos realizados durante o curso no Obradoiro AVATAR foron presentados hoxe ós responsables municipais, coma varias táboas de surf, cascos e incluso unha moto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal