Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO OFERTA CURSOS DE INFORMÁTICA E NOVAS TECNOLOXÍAS PARA PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO
O prazo de inscrición para o programa 'Habilita 2015' mantense aberto ata o vindeiro 23 de xaneiro.
Narón, 8 de Xaneiro de 2015.- A Concellería de Formación Laboral e Emprego de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, mantén aberto o prazo de inscrición para os Cursos do programa “Habilita 2015”, dirixidos a persoas desempregadas empadroadas en Narón e que sexan maiores de 18 anos. Os interesados poden formalizar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Narón (en horario de 8:30 a 13:30 horas) ata o día 23 de xaneiro. Xunto coa instancia, deberán entregar unha fotocopia cotexada da tarxeta de demandante de emprego e outra do DNI ou similar. En total ofértanse 15 cursos de Informática e Novas Tecnoloxías, e a selección do alumnado realizarase por rigorosa orde de inscrición, sendo os grupos dun máximo de 10 persoas. Na páxina web do Concello poden consultarse os detalles dos cursos e descargarse a solicitude de inscrición: (http://www.concellodenaron.com/web/cat/gal/concello/cursos_informatica_habilita_2015) Relación de cursos ofertados: -Mecanografía para adultos. -Iniciación á Informática e Internet (quendas de mañá e de tarde). -Básico procesador de textos (Open Office Writer). -Básico follas de cálculo (Open Office Calc). -Básico bases de datos (Open Office Base). -Ferramentas web 2.0 -Marca persoal (quendas de mañá e de tarde). -Redes sociais. -Id. Dixital, administración electrónica (quendas de mañá e de tarde). -Iniciación ao web mail e correo electrónico. -Configuración e uso de dispositivos móbiles (quendas de mañá e de tarde).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal