Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN DISTINGUE ÓS DEZ USUARIOS DE HONRA 2014 DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO
Os galardoados son as persoas que máis participaron nos servizos e propostas realizados dende a Biblioteca durante o ano pasado.
Narón, 17 de Xaneiro de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mª del Carmen Espada, desprazáronse hoxe á Biblioteca Municipal do Alto para distinguir ós “Socios de Honra 2014”. Por segundo ano consecutivo, o Concello de Narón recoñece a 5 usuarios infantís e outros tantos adultos, por ter participado activamente nos servizos e propostas realizados dende a Biblioteca. Os galardoados nesta ocasión son as seguintes persoas: Usuarios infantís (ata 14 anos de idade): -Agustín González Rodeiro. -Gael del Río Gómez. -Aroa García Puentes. -Carlota Celgar Moro. -Claudia Celgar Moro. Usuarios adultos: -Iria Couce Ameneiro. -Mónica Aneiros García. -Alma Veiga Blanco. -Julia Núñez Paredes. -Antonio Rivero Iglesias. A Biblioteca Municipal do Alto conta actualmente con 15.400 socios/as e ofrece os seguintes servizos: préstamo a domicilio e lectura en sala, información bibliográfica, boletíns de novidades, formación de usuarios, acceso a Internet e actividades de animación á lectura (contacontos, exposicións, cursos, obradoiros…).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal