Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A NARONESA FLORA LÓPEZ YAÑEZ CUMPRE 100 ANOS E O CELEBRA CUNHA VISITA DO ALCALDE
José Manuel Blanco desprazouse ata o seu domicilio, xunto coas concelleiras Teresa Sabio e Catalina García, para felicitar á centenaria e compartir un rato de conversa xunto a ela.
Narón, 19 de Xaneiro de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, visitou hoxe a unha veciña que ven de cumprir os 100 anos de idade, e que reside en O Couto. Trátase de Flora López Yañez, natural de Placente (Sedes) e que o pasado día 11 de xaneiro cumpriu un século de vida. Con motivo desta celebración, o rexedor desprazouse ata o seu domicilio acompañado das Concelleiras de Promoción Social e Acción Social, Teresa Sabio e Catalina García. Os representantes municipais compartiron un rato de conversación con Flora, quen a pesares de ter acadado os 100 anos de vida, goza dunha boa memoria. Afeccionada ó fútbol (declárase seguidora do Real Madrid), traballou durante toda a súa vida no campo, residindo sempre no municipio de Narón. O traballo no campo e o seu estilo de vida parecen ser o segredo para ter chegado a cumprir os cen anos, segundo comentou a súa familia. Actualmente reside na casa da súa filla, e tense convertido na matriarca dunha familia que vai xa pola 5ª xeración (ten un tataraneto de 3 anos de idade). O Alcalde e as concelleiras do goberno municipal entregaron a Flora López unha cesta de plantas con motivo da súa visita, á que tamén asistiu o presidente da Asociación de Veciños do Couto, Anselmo Beceiro. Segundo os últimos datos que se manexan, actualmente hai 10 persoas en Narón que superan a barreira dos 100 anos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal