Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O III DESFILE SOLIDARIO A BENEFICIO DO CRS DE NARÓN CELÉBRASE O VENRES NO AUDITORIO DA PRAZA DE GALICIA
A entrada será en forma de alimentos, roupa e calzado ou donativo.
Narón, 6 de Maio de 2015.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, presentou hoxe en rolda de prensa o III Destile Solidario que terá lugar o venres 8 de maio ás 19:30 horas no Auditorio Municipal da Praza de Galicia. Está prevista a participación aproximada de 70 persoas entre particulares, voluntarios e usuarios do Centro de Recursos Solidarios de Narón, a quen irá destinada a recadación do evento. A entrada polo tanto será en forma de alimentos, roupa e calzado, ou donativo (que se depositará nunha urna). O desfile constará de tres pases: -Primavera/verano -Festa -Moda nupcial Ademáis, entre cada bloque haberá diferentes actuacións: -Mos e Mon (versións de temas coñecidos con guitarra e voz). -Baile de danza do vientre a cargo de “Arabesque”. -Escola de Bailes de Salón ‘Tedaga’ de Narón. -Dúo Son Voláns. A organización sorteará entre os asistentes diferentes obsequios doados por firmas comerciais. O prezo das rifas será de 1€. Tamén nesta gala se aproveitará para presentar o Facebook do Centro de Recursos Solidarios (xestionado polas ONGs Cáritas, Dignidad e a Plataforma de Afectados pola Hipoteca), que estará operativo a partires do día seguinte. Nesta ocasión non desfilarán representantes políticos, dado que a Xunta Electoral non o ten permitido ó estar xa en período de campaña electoral.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es