Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA DE GALICIA INICIARÁ POR FIN A VINDEIRA SEMANA AS OBRAS PARA CUBRIR O PATIO DO COLEXIO PONTE DE XUVIA
A concelleira de Educación, Mercedes Taibo, reuniuse onte con persoal da dirección do centro para interesarse polo inicio dos traballos
Narón, 2 de Xullo de 2015.- A concelleira de Educación, Mercedes Taibo, reuniuse hoxe con persoal da dirección do colexio Ponte de Xuvia para interesarse polo inicio das obras da cuberta do patio do centro, comprometidas pola Xunta hai un ano e solicitadas en reiteradas ocasións desde o goberno local. Os representantes do colexio confirmáronlle a Taibo que os traballos previstos comenzarán por fin a vindeira semana, previsiblemente o luns. A edil de Educación incidiu na importancia que ten a execución destes traballos e lamentou o retraso que acumulan. Taibo denunciou a postura do PP cuxos concelleiros, dixo, “antes e durante a campaña electoral acusaron ao Concello do retraso das obras pero pasado o 24 de maio non se preocuparon polo feito de que non tiveran comezado ata o de agora, a pesar de ter anunciado eles mesmos o pasado mes de febreiro o inicio “inminente” desta necesaria actuación, comprometida pola Xunta en xullo de 2014”. O Concello concedeu en hai máis dun mes os permisos necesarios para o inicio dos traballos, recordou a concelleira de Educación, que confía en que os alumnos e alumnas do colexio Ponte de Xuvia dispoñan canto antes dun patio cuberto que poderán utilizar para desenvolver diferentes actividades ao longo do curso escolar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal