Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLEIRO DE INFANCIA SUPERVISOU A APERTURA DA GUARDERÍA DE A GÁNDARA
O Concelleiro de Infancia, Miguel Hermida, supervisou hoxe o inicio da actividade da Escola Infantil Municipal de A Gándara. As instalacións abriron as suas portas ás 10 da mañá, e durante esta semana haberá un período de adaptación para que os nenos de 0 a 3 anos poidan acoplarse do mellor xeito posible ó seu novo entorno. “A posta en funcionamento desta nova instalación é unha medida máis para tratar de conciliar a vida laboral e familiar”, apuntou o responsable de Infancia.
Narón, 19 de Novembro de 2007.- O edil agradeceu a disponibilidade da compañía Clece, concesionaria desta terceira gardería, quen segundo dixo “implicouse moito na posta en servicio desta escola infantil. Recibimos a autorización definitiva de Vicepresidencia o pasado venres, e ó primeiro día laborable xa estamos funcionando”, lembrou. Miguel Hermida destacou tamén o bo funcionamento das outras dúas escolas infantís municipais, situadas en A Solaina e Piñeiros, xestionadas por Euxa. “Realmente estamos satisfeitos co traballo de tódolos profesionais das tres escolas infantiles”, indicou. Respecto ás previsions para abrir novas escolas infantiles municipales, Miguel Hermida declarou que “trataremos de pór en marcha ó longo desta lexislatura unha cuarta gardería, quizáis no barrio de Xuvia. Existe a posibilidade de facer outra no polígono de Río do Pozo, pero si surxe unha iniciativa empresarial para facela, nós invertiríamos na parroquia de Xuvia”. A directora técnica dos servicios educativos de Clece, Beatriz Alonso, salientou tamén a importancia desta nova instalación e agradeceu a disposición do Concello “quen nos axudou a comezar con bo pé. Hoxe os nenos apenas choraron, e incluso algúns non querían irse, o que é moi boa sinal”, comentou. Coincidiu nas súas impresións a directora da Escola Infantil da Gándara, Carmen Díaz, quen sinalou a “illusion e ledicia que temos todos por empezar, tanto o personal da Escola como os pais. Eles nos transmitiron toda a súa colaboración e disponibilidade, nas entrevistas que mantivemos. E que hoxe xa estemos en marcha é unha noticia moi boa para todos”. A partires da vindeira semana, entrará en servicio o comedor e o horario de apertura será o definitivo: de 7:30 a 20:00 horas. Os responsables do centro agardan completar o período de adaptación dos pequenos no prazo de 15 días. As instalacións da escola infantil acollen a un total de 82 alumnos, algúns deles en xornada completa e outros a media xornada. As instalacións da escola dispoñen de seis aulas, dúas por cada grupo de idade. Nestos momentos hai 20 nenos por cada aula de 2 a 3 anos, outros 13 por cada aula de 1 a 2, e oito en cada unha das aulas de bebés. A plantilla de personal está formada por 13 traballadores, entre a directora, os cuidadores, educadores, e persoal administrativo e de servizos. engadíu a responsable desta gardería.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal