Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADQUIRE UNHA MÁQUINA VARREDOIRA DE BEIRARRÚAS E UN TRACTOR CON DESBROZADORA
Os dous vehículos son máis modernos que os que se están empregando e ofrecen maiores prestacións
Narón, 6 de xullo de 2015.- O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla supervisaron hoxe xunto con persoal da empresa adxudicataria da limpeza na localidade, Urbaser, a nova maquinaria adquirida polo Concello para o mencionado departamento. Unha varredoira de beirarrúas autopropulsada e un tractor con desbrozadora pasarán a formar parte dos medios cos que traballará o plantel da citada compañía no municipio. O investimento realizado desde a administración local ascende a 150.000 euros. A nova varredoira de beirarrúas ten recirculación de auga sucia para que ao limpar non desprenda lixo, é máis silenciosa, contamina menos e ten maior capacidade de aspiración que a que está actualmente en uso, que complementará os traballos a realizar. No referente ao novo tractor cabe destacar que a desbrozadora permite alcanzar unha altura de seis metros, fronte aos tres e medio do vehículo de que dispoñía ata o de agora o Concello. Así mesmo, o brazo reforzado co que conta o novo tractor permite realizar xornadas de entre oito e dez horas diarias. Os dous novos vehículos utilizaranse xunto coa outra varredoira e o outro tractor destinados ata o de agora para os servizos de limpeza e barrido, tanto na zona urbana como na rural, tal e como indicou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla. O edil subliñou ademais que o feito de contar con catro vehículos para executar esas tarefas permitirá continuar traballando ante un posible caso de avaría nalgún deles, sen ter que paralizar os mencionados servizos.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es