Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA INSTALAR POSTOS DE VENTA NA FESTA DO PEMENTO DO COUTO
A cita gastronómica terá lugar o vindeiro día 19 de xullo nas inmediacións do local social do Couto
Narón, 8 de xullo de 2015.- A parroquia naronesa do Couto acollerá o vindeiro día 19 unha nova edición da Festa do Pemento do Couto. Coa finalidade de pechar o programa a desenvolver durante a xornada, representantes do Concello, da cooperativa do Val e da AVV do Couto mantiveron unha xuntanza que tivo lugar no Concello. Os concelleiros de Protección Civil e Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo e de Feiras e Mercados, Mar Gómez, estiveron acompañados, entre outros, polo tamén edil naronés Pablo Villamar, o presidente da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, Tomás Casal, e outro integrante da Orde e expresidente da Cooperativa do Val, Benito Castro, así como do presidente da entidade veciñal do Couto, Anselmo Beceiro. A programación desta consolidada cita gastronómica na localidade darase a coñecer a vindeira semana, pero o equipo organizador anunciou a apertura do prazo para solicitar a instalación de postos de venta ambulante nas inmediacións da carpa que se ubicará xunto ao local social do Couto para a degustación de pementos e outras viandas. As persoas interesadas en abrir un posto deben presentar no rexistro do Concello unha instancia cumplimentando os datos requeridos nestes casos. Teñen que ser persoas maiores de idade, comerciais ou vendedores ambulantes e non poderán expoñer nin vender ningún tipo de pementos, tal e como se recalcou desde a organización. Así mesmo, as persoas interesadas en acudir á degustación do mediodía poden mercar os tickets no local social da AVV do Couto –a partir das 16.00 horas, todos os días-, na cooperativa do Val –que coorganiza esta convocatoria co Concello- ou no terceiro andar do Concello –de 08.30 a 14.00 horas-. As persoas interesadas en recibir máis información sobre as solicitudes para a instalación dos postos na Festa do Pemento do Couto poden chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1075, Sandra).
Descarga de archivos
Inscrición
Tamaño:202,60 KB

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es