Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E ACORÁN PRESENTARÁN NA BIBLIOTECA CENTRAL O LIBRO "PSICOPATOLOXÍA DO RETORNO"
A Concellería de Participación Cidadá e a Asociación Galega de Emigrantes Retornados (ACORAN), con sede en Narón, presentarán na cidade o libro "Psicopatoloxía do retorno", editado por Galaxia e gañador do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2006.
Narón, 20 de Novembro de 2007.- O acto contará coa presencia do psiquiatra e doutor en mediciña Alexandre García-Caballero, autor do ensaio xunto co psiquiatra Ramón Area Carracedo. A presentación pública do libro terá lugar o vindeiro mércores 21 de Novembro, ás 20:30 horas, no salón de actos da Biblioteca Municipal do Alto. A Concellería de Participación Cidadá convida a tódolos veciños de Narón interesados en asistir a esta presentación, na que interverán a concelleira Natalia Hermida e a presidenta de ACORAN, Monica Martínez Torres. Dende o Concello destácase a importancia desta obra, que parte da lembranza idealizada dun lugar e tempo pasado, e da volta a un paraíso perdido, para analizar a patoloxía que surxe cando ese desexo é negado. O texto ten unha contribución social engadida, porque da a coñecer dende a perspectiva clínica unha nova dimensión das persoas emigrantes. Para elo se analizan os motivos, conflictos, frustracións e consecuencias psíquicas do retorno.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal