Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN REPARTIRÁ AUGA NO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS E NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO CAMPO DA SERRA
A entrega manterase mentres non se confirme que a auga procedente da rede de abastecemento é apta para o consumo humano
Narón, 17 de xullo de 2015.- O alcalde de Narón, José Manuel Blanco e a primeira tenente de alcalde de Narón, Marián Ferreiro, acudiron esta mañá a unha reunión en Ferrol co rexedor local desta última cidade, Jorge Suárez, para coordinar a compra e o reparto de auga mineral entre os dous concellos mentres se manteña a prohibición de utilizar a procedente da rede de abastecemento para beber e cociñar. No municipio naronés o reparto realizarase no Centro de Recursos Solidarios, para os usuarios destas instalacións, e no pavillón polideportivo Campo da Serra, en Santa Icía, donde poderá recoller as botellas ou garrafas o resto da poboación que necesite auga potable para consumir. Os días e o horario para poder recollela en calquera das dúas ubicacións será de 16.00 a 20.00 horas durante a tarde de hoxe e mañá e o domingo desde as 10.00 ata as 14.00. O Concello encargarase de ir repoñendo auga a medida que se demande para así garantir a dispoñibilidade da mesma e no caso das persoas dependentes infórmase de que poderán chamar ao número de teléfono 671 002 905, desde donde se lles collerán os datos para levarlles a auga aos seus domicilios. No momento en que as análises confirmen que a auga da rede de abastecemento é apta para o consumo, que desde o Concello confían en que sexa en cuestión de horas, comunicarase a todos os veciños e veciñas da localidade. Mentres tanto desde o Concello faise un chamamento á poboación para que non faga acopio de cantidades innecesarias debido a que o problema se prevé solventar en breve e a que se reporá continuamente auga potable nos puntos anteriormente indicados mentres se manteña a prohibición de utilizar para consumo a da rede de abastecemento.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal