Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PARTICIPACIÓN CIDADÁ CONVOCARÁ EN SETEMBRO UNHA NOVA REUNIÓN A NIVEL COMARCAL
No encontro abordaranse posibles vías de colaboración nesa área entre os concellos da zona
Narón, 21 de xullo de 2015.- A edil de Participación Cidadá de Narón, Catalina García, presidiu unha reunión sobre Participación Cidadá á que asistiron concelleiros da área dos municipios de Ferrol, Fene, San Sadurniño, Cabanas, Neda, Valdoviño e Pontedeume. Na xuntanza, celebrada nas instalacións da Escola de Participación Cidadá de Narón –ubicada na Casa da Cultura da localidade- os asistentes recibiron unha copia do Regulamento de Participación Cidadá de Narón e analizaron o modo no que se aborda esta área nos diferentes municipios da comarca. García valorou a implicación de todos os asistentes á reunión, asegurando que “informar á cidadanía e establecer vínculos de comunicación con ela é moi importante para facerlle chegar o traballo que se realiza desde administracións como as locais, as que lles son máis próximas”. Tamén subliñou a concelleira que “a Participación Cidadá non pode ser a eterna esquecida nos orzamentos municipais, como pasa nalgúns Concellos, e hai que buscar a colaboración dos veciños e veciñas para ter uns orzamentos participativos ano tras ano”. A posibilidade de compartir servizos como o de orientación e información nesta área a través da Mancomunidade de Municipios da Ría de Ferrol foi outro dos temas que se puxo sobre a mesa e que se analizará nos próximos encontros. A edil naronesa anunciou que o vindeiro mes de setembro se convocarán novas reunións a nivel comarcal para traballar conxuntamente co fin de que “goberne quen goberne co paso dos anos non se paralice a Participación Cidadá nos Concellos”. Os edís dos municipios que non puideron acudir á reunión recibirán un documento coas conclusións para así estar ao día dos temas abordados e poder pronunciarse ao respecto. Reunións coas asociacións A concelleira de Acción Social e Participación Cidadá manterá unha reunión con representantes das diferentes asociacións veciñais, culturais e sociais de Narón. A cita programouse para informalos sobre as axudas que o Concello habilitou para estas entidades, que ascenden a un total de 40.000 euros. O encontro será o día 22 de xullo ás 20.00 horas no local da Asociación de Veciños do Alto do Castiñeiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal