Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NARÓN ACOLLEU UN OBRADOIRO DE VERÁN DIRIXIDO AO PÚBLICO INFANTIL
Un total de dezaseis nenos e nenas maiores de catro anos participaron na convocatoria do centro
Narón, 1 de setembro de 2015.- A Biblioteca Municipal de Narón, no Alto do Castiñeiro, acolleu onte un obradoiro de verán dirixido aos nenos e nenas a partir de catro anos. “Cores que buscan contos” foi o título da actividade, que consistiu en animar aos menores a coñecer como está ordenado o fondo infantil desta biblioteca. A convocatoria desenvolveuse entre as 10.30 e as 12.00 horas e na mesma participaron un total de dezaseis nenos e nenas, que se agruparon en dous equipos. Persoal das citadas instalacións participou neste xogo, no que os nenos e nenas tiveron que localizar unha serie de contos que foran previamente seleccionados, partindo dunhas indicacións básicas que se ofrecían desde a organización para facilitarlles a tarefa. A sección Infantil da Biblioteca Municipal de Narón conta cuns 19.000 documentos, entre os que se inclúen, ademais de libros, CDs e DVDs, entre outros. Na actualidade estase a traballar na programación das actividades que se desenvolverán nos últimos meses do ano. Ao respecto cabe avanzar que haberá unha exposición de fotografía, celebrarase a presentación de un libro, e tamén se realizarán obradoiros para nenos e nenas e contacontos para bebés e para público infantil e adultos, entre as diferentes propostas. Todas aquelas persoas interesadas en participar nas actividades nas que se estipule un límite de prazas deben ter o carné da biblioteca, que conta na actualidade con 15.730 socios. O prazo de inscrición nas mesmas ábrese xeralmente con catro días de antelación.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es