Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLEIRA DE TURISMO VALORA O ÉXITO DO PROGRAMA DE VISITAS GUIADAS AO MOSTEIRO DO COUTO
A edil Natalia Hermida destacou ademáis a atención prestada á veciñanza e visitantes durante o verán na Oficina Municipal de Turismo
Narón, 28 de setembro de 2015. A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, valorou a acollida que tivo durante a tempada estival o programa de visitas guiadas ao mosteiro do Couto e a apertura da Oficina Municipal de Turismo localizada no parque fluvial do Río Freixeiro. No que respecta á primeira das iniciativas, a concelleira apuntou que entre o 19 de xullo e o 12 de setembro –período no que se programaron as visitas guiadas ao cenobio do Couto- tiveron a oportunidade de percorrer boa parte desta construción eclesiástica un total de 125 persoas. Unha guía encargouse de explicar aos asistentes a historia deste mosteiro naronés durante o tempo da visita, dunha hora de duración e limitada a grupos dunhas dez persoas por quenda. Do total dos participantes nas visitas guiadas ao cenobio, 71 persoas procedían da zona de Ferrolterra, sendo Madrid e Cádiz as localizacións de procedencia da maior parte de visitantes foráneos, con 15 e 14 persoas respectivamente. De Santiago de Compostela desprazáronse ata O Couto para participar nesta iniciativa cinco persoas; outras catro desde A Coruña e dúas desde Ourense. No que respecta a outras comunidades, catro persoas chegaron desde A Rioxa e as dez restantes procedían de Zaragoza, Barcelona, Córdoba, Valencia e Navarra. “O mosteiro do Couto é unha das xoias do patrimonio propiedade da igrexa localizadas no municipio de Narón. Trátase dunha construción coñecida na zona pero que grazas a esta iniciativa das visitas guiadas permitiu aos visitantes acceder a estancias deste edificio relixioso que habitualmente permanecen pechadas ao público en xeral”, explicou Natalia Hermida. A concelleira de Turismo asegurou que “o feito de superar o centenar de visitas nun tempo moi limitado, ao poder realizar só un par de percorridos en cada xornada con guía –os sábados, excepto a primeira cita, que tivo lugar un domingo-, constata o interese tanto da veciñanza como de persoas chegadas doutros concellos e localidades españolas por esta construción”. Así mesmo, Natalia Hermida destacou tamén o traballo realizado na área de Turismo durante os dous meses que permaneceu aberta ao público a Oficina Municipal de Turismo, que estivo operativa do 15 de xullo ao 15 de setembro. A maioría dos visitantes procedían da comarca, pero tamén se desprazaron ata as instalacións persoas procedentes maioritariamente de Madrid, Cataluña e o País Vasco, tal e como apuntou a concelleira. As consultas sobre as rutas de sendeirismo localizadas na zona, as Fragas do Eume e as praias máis próximas foron, xunto coa iniciativa das visitas guiadas ao mosteiro do Couto e o Camiño Inglés, as que máis se repetiron entre os visitantes, tal e como asegurou a edil de Turismo de Narón. Para aportar a documentación requerida en cada caso, desde a Oficina Municipal de Turismo facilitábase diverso material sobre a área, entre o que se atopaban folletos con itinerarios sobre Narón –“Por la ribera del Xuvia”, “Por el margen del río Xuvia”, “Polo camiño a Santo André de Teixido”, “En ruta por los carriles bici” e “Los caminos milenarios de O Val”, entre outros- e tamén pósters sobre Ferrolterra e rueiros de Narón e Ferrol.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal