Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS EDÍS ROMÁN ROMERO E CATALINA GARCÍA MANTIVERON UNHA REUNIÓN CON REPRESENTANTES DAS AAVV DO CONCELLO
Os concelleiros informaron aos asistentes sobre asuntos relacionados coas áreas de Deportes e Participación Cidadá
Narón, 7 de outubro de 2015. O concelleiro de Deportes, Román Romero, e a edil de Participación Cidadá, Catalina García, mantiveron unha reunión no Concello con representantes de diferentes entidades veciñais do municipio para informalos sobre varios asuntos relacionados con ambas áreas de goberno. Ao encontro acudiron integrantes das directivas das asociacións de veciños de Sedes, San Xiao, O Val, Virxe do Mar, Xuvia, Castro e A Gándara. O edil de Deportes anuncioulles aos representantes das AAVV a posibilidade de descentralizar algunhas actividades deportivas que actualmente se desenvolven no polideportivo da Gándara. Ao respecto, Román Romero explicou que se pode solicitar que as clases de Ximnasia de Mantemento, Ioga e Pilates se convoquen nos locais das propias entidades, sempre que exista un mínimo de asistentes. O Concello encargaríase de que un monitor da actividade en cuestión se desprazase ata os locais veciñais. Romero avanzou ademais que se podería analizar a viabilidade de que se impartisen outro tipo de actividades, non estando limitada a proposta ás tres citadas anteriormente. Pola súa parte, a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, informou aos asistentes, entre outros asuntos, sobre os acordos alcanzados na última reunión celebrada sobre esta área no Concello naronés –hai unhas semanas- con alcaldes e edís da comarca e tamén solicitou a actualización das suplencias nos Consellos Territoriais. A edil naronesa avanzou ademais que nos vindeiros días se instalarán unhas caixas nos locais sociais para recoller alimentos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es