Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCENTRACIÓN EN REPULSA DOS ÚLTIMOS CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Integrantes da corporación local e persoal funcionario e laboral do Concello gardaron un minuto de silencio en recordo das vítimas
Narón, 7 de outubro de 2015. Representantes políticos, funcionarios e persoal laboral do Concello secundaron unha concentración silenciosa en repulsa dos actos de violencia de xénero, cuxa última vítima en Galicia se rexistrou en Vigo. O alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, encabezaron a concentración, xunto con varios edís da corporación local naronesa. O pasado luns localizouse nunha vivenda da avenida Fragoso, en Vigo, o corpo dunha muller de 33 anos de nacionalidade portuguesa que supostamente morreu a causa dos golpes propinados pola súa parella, un varón tamén de nacionalidade portuguesa e de 55 anos. Trátase da cuarta muller asasinada nun acto de violencia de xénero en Galicia no 2015. Na concentración gardouse un minuto de silencio en recordo da vítima e condenouse calquera acto de violencia de xénero, denunciando esta lacra social e recordando e lamentando tamén os outros tres supostos casos rexistrados nas últimas horas en Bizkaia, Murcia e Palencia.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es