Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTADO O ANTEPROXECTO DOS ORZAMENTOS PARA O 2008
O Concello cifra en 31.846.400 euros o seu presuposto de saída de cara ó próximo ano.
Narón, 5 de Decembro de 2007.- O Concello de Narón presentou hoxe públicamente o anteproxecto dos Presupostos do 2008, que xa foi enviado ós grupos políticos da oposición para o seu estudio. Segundo explicou o Alcalde, Xoán Gato, trátase dun documento “susceptible de variacións antes da súa aprobación”, prevista para este mes de Decembro. Os Presupostos do 2008 contemplan unha inversión total de 31.846.400 euros, dos cales 26.800.000 € proceden de fondos propios, e os 5 millóns restantes son recursos financieiros de préstamo. O capital se repartirá en nove capítulos. O que aglutina a maior porcentaxe é o adicado a gasto corrente, cun 38,75% da inversión prevista e que se destinará ó mantemento de servizos públicos coma parques e xardíns, escolas, centros sociais ou garderías. O importe asignado a estas intervencións é de 12.339.750 euros. A segunda partida importante é a de inversións, que concentra o 26% do orzamento e que se traduce en 8.280.150 euros. Neste apartado, o Concello inclúe as novas obras que se realizarán no 2008 pero este apartado se irá incrementando ó longo do ano coa aportación de 2 millóns de euros procedentes de varios proxectos en fase de tramitación –coma a adxudicación do parque eólico de Sedes, ou a posta no mercado de solares para facer vivendas sociais en Xuvia-. O Concello tamén incorporará outros 2 millóns de superávit do 2007 en canto a lei o permita, de xeito que a partida global para inversións alcanzará os 15 millóns de euros. O capítulo de persoal concentra tan só o 21,32% da inversión e se traduce en 6.789.100 € de capital disponible para cubrir os gastos dos 150 empregados municipais, e nel se inclúen tamén as 15 novas prazas de funcionarios que se convocarán durante o ano 2008. Segundo declarou o Concelleiro de Xestión Presupostaria, Jose Manuel Blanco, se está a realizar un esforzo para non incrementar este gasto máis alá do imprescindible. O resto da inversión se reparte entre as transferencias propias (7,46%), os intereses da débeda (3,33%), as transferencias de capital (1,64%), a amortización da débeda (1,35%), e financiación (0,15%). O apartado de transferencias supera os dous millóns de euros, e inclúe o traspaso dun millón de euros ó Padroado da Cultura –para actividades propias- e outro millón para convenios con entidades. Na transferencia de capital, se recollen as axudas que o Concello fai ó terceiro mundo e ás ONG`s, ó pago dos intereses da débeda se consignará máis dun millón de euros. Listado de inversións As inversións máis fortes e que aglutinan os 8 millóns de euros do Orzamento do 2008 se distribúen do seguinte xeito: -Urbanización do polígono de As Lagoas (1.300.000 €)* -Travesía da Gándara (1.940.000 €) -Merca de patrimonio (500.000 €) -Equipamento escénico do Pazo da Cultura (446.000 €)* -Paseo subterráneo da rúa Covadonga (685.999€) -Centro de Día de Maiores (467.000 €) -Paso aéreo de FEVE (500.000 €) -5ª fase parque fluvial de Freixeiro (349.000 €) -Cubrición da pista polideportiva de Castro (244.000 €) -Construcción de vestiarios en Piñeiros (266.000 €) (* en ambos casos, trátase da 2ª anualidade) Comparativa co pasado ano A porcentaxe de crecemento do Presuposto do 2008 con respecto ó actual supón un 32,11% aínda que este dato non é definitivo. No 2007 partiuse cun Orzamento de saída de 24.106.235 euros e a día de hoxe ronda os 30 millóns de euros, e dende o Concello tamén agárdase incrementar o novo orzamento do 2008 ata chegar ós 40 millóns de euros de capital consolidado. A día de hoxe, Narón ten contabilizados no Padrón Municipal un total de 37.160 habitantes, que se recoñecerán polo Instituto Nacional de Estadística (INE) o 1 de Xaneiro do 2008. Nos últimos dous anos, o municipio foi gañando unha media de 800 novos habitantes ó ano, pasando dos 35.560 de Xaneiro do 2006 ós 36.245 do mismo mes deste ano. Xoán Gato destacou tamén que de toda a inversión contemplada nos Orzamentos do 2008, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña “tan só nos dan o que nos corresponde como municipio. Narón non é un Concello que destaque por recibir grandes partidas das administracións públicas, pero o crecemento demográfico axuda a manter o crecemento presupostario sostido”, concluíu. O borrador dos Orzamentos do 2008 será levado á comisión informativa logo do 17 de Decembro –data ata a que os partidos poderán presentar suxestións- para a súa aprobación definitiva nun pleno extraordinario que o Concello ten previsto celebrar antes de finalizar o ano 2007.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal