O goberno local e "Costa Noroeste" cofinanciaron os traballos, cuxo investimento ascendeu a 35.634,30 euros
Narón, 13 de outubro de 2015.- A parroquia de San Mateo dispón dunha nova área de adestramento e fútbol xunto ao campo municipal da citada parroquia naronesa. A empresa Jardinería Arce executou os traballos do proxecto de Acondicionamento de parcela para campo de adestramento e fútbol 7 en Xaiba (San Mateo) por un importe de 35.634,30 euros as obras licitáronse en 36.360- dos que o Grupo de Desenvolvemento Rural Costa Noroeste financiou 9.916,38 euros e o Concello sufragou os 25.717,92 restantes. O remate desta actuación permite ao goberno local cumprir un compromiso adquirido no seu día coa veciñanza da parroquia de San Mateo. O edil de Deportes, Román Romero, destacou a aposta do goberno local naronés por completar a rede de instalacións deportivas na localidade, unha liña de traballo que seguiremos mantendo nesta área nos vindeiros anos.
O campo de fútbol 7 ocupa unha superficie de 1.800 metros cadrados e nesa mesma explanada poderá adestrar o equipo superior. As obras comezaron co acondicionamento do terreo, desbrozándoo e retirando a maleza e co adecentamento das zonas verdes con aporte de zahorra natural e colocando area fina drenante, dándolle tamén unha pequena pendiente e bombeo á explanada para poder evacuar as augas. O proxecto incluíu ademais o peche da parcela cunha malla galvanizada e a construción dun pequeno muro de contención para acotar a zona. A obra completouse coa plantación de árbores no perímetro do recinto.
Este novo espazo deportivo complementará aos xa existentes noutras zonas do núcleo urbano e rural do municipio e poderán utilizalo os equipos da localidade, incluídas as categorías inferiores.