Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PREVÉ QUE OS TRABALLOS DE REPAVIMENTACIÓN DE VIAIS EN RIO DO POZO REMATEN EN OUTUBRO
A intervención, cofinanciada pola Xunta, execútase nas fases I e III do citado parque empresarial
Narón, 17 de outubro de 2015. O concelleiro de Obras Públicas, Pablo Mauriz, asegurou que a empresa Lancer rematará previsiblemente antes de finais de mes os traballos de repavimentación de viais que hai unhas semanas comezaron a executarse no polígono industrial de Río do Pozo. O edil naronés recordou que a intervención, adxudicada en 116.298 euros, se cofinancia cunha subvención do plan de axudas da Consellería de Industria para a mellora de infraestruturas en parques empresariais de Galicia. A administración autonómica sufragará 93.506 euros e o Concello os 22.792 restantes desta actuación. As obras permitirán adecentar o firme dunha superficie duns 9.700 metros cadrados, tal e como apuntou Mauriz. A intervención acométese en viais das fases I e III do polígono industrial de Río do Pozo, onde a elevada densidade de tráfico rodado e o continuo tránsito de camións de gran tonelaxe deteriorou co paso do tempo a capa de aglomerado. Os traballos que se están rematando permitirán tapar as fochancas e adecentar o estado do firme de varios tramos da avenida Bernardo Romero e das rúas interiores das citadas fases deste parque empresarial naronés. O concelleiro de Obras Públicas recordou que no ano 2006 se realizaron unha serie de tarefas de mantemento no vial principal de acceso, a avenida Bernardo Romero, e no 2009 actuouse no vial transversal das fases I e II, a avenida Gonzalo Navarro. A última intervención que se levou a cabo nos viais deste parque empresarial tivo lugar no ano 2014, explicou Mauriz, cunha reforma na rodadura sobre unha superficie duns 6.000 metros cadrados. O polígono industrial de Río do Pozo construíuse en catro fases, iniciándose a primeira delas no ano 1993 e rematando a cuarta en 2008. A superficie total industrial deste parque empresarial –un dos máis grandes de Galicia- é de 1.608.922 metros cadrados, distribuídos en 413 parcelas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal